Mércores, 11 Decembro de 2024

Baiona

“Baiona. A mellor música en directo!”, unha serie de concertos que chearán a vila de música

“Baiona. A mellor música en directo!” comezará o vindeiro venres 4 de decembro ás 19:00 h co concerto de “A Patrulla”. O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza unha serie de concertos co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa.

Baiona aproba os seus orzamentos para o 2021 orientados envorcados no gasto social

O Pleno da Corporación do Concello de Baiona aprobou onte, de forma inicial e cos votos a favor do grupo de Goberno, os orzamentos para o 2021. As contas municipais increméntanse nun 10,72 % pasando dos 8,990,323,96 euros aos 9,954,498,23 euros (preto dun millón de euros), un teito "que garante a prestación dos servizos, con eficiencia e eficacia, para os veciños e veciñas de Baiona, aumenta considerablemente a partida destinada a emerxencia social e potencia os investimentos e actuacións no municipio" sinalou o Goberno baionés.

Ponencia en streaming sobre “A incrible historia do galego Cristovo Colón de Poio a Baiona”, de Rodrigo Costoya

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona organiza un relatorio en streaming do escritor e divulgador Rodrigo Costoya. Baixo o título "A incrible historia do galego Cristovo Colón de Poio a Baiona".

Baiona programa un ciclo de curtametraxes online contra a violencia machista

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, en colaboración con CortoEspaña, organiza un ciclo online de cortometraxes contra a violencia de xénero. Trátase de seis traballos, premiados nacional e internacionalmente, que abordan, desde diferentes perspectivas, a violencia de xénero e as súas maneiras de combatela.

Os concellos de Baiona e Tui, entre as novas asignacións do Plan Concellos da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos por un importe de máis de 1 millón de euros (1.004.268,55), ao abeiro do Plan Concellos, para financiar equipamentos e contratación de persoal en Baiona, Pontecesures, Tui e Lalín. En concreto, a Deputación destina a Baiona 186.184,55 euros para a mellora da rede de saneamento na zona de Percibilleira. Esta actuación comprende a substitución das redes na rúa Fontiñas e na rúa Percibilleira, nos tramos que na actualidade son de formigón. Amais, tamén se repoñerá a rede de abastecemento naqueles tramos que sexa necesario debido á execución de novas canalizacións e tamén se fará unha reposición do firme que se atopa en mal estado. En total, actuarase nunha superficie total de case 2.900 metros cadrados. No caso de Pontecesures, recibirá unha achega de 91.058,72 euros para a mellora do andar do semisoto do edificio do concello para locais de uso administrativo (acondicionamento da zona de usos administrativos do Edificio do Concello). A intervención ten por obxecto acondicionar unha zona de aulas existente para mellorar as súas condicións. Deste xeito, executaranse tres despachos individuais con luz natural, adaptarase o aseo, executaranse dúas salas separadas por un tabique móbil, tamén o trasdosado no interior da fachada, e instalarase climatización, electricidade e saneamento. En canto a Tui, a Deputación destina 130.148 € para financiar as melloras na pavimentación, canalización de pluviais e muro de contención do viario entre A Devesa e San Antoniño, en Malvas (Fase I). A finalidade é facilitar o acceso á veciñanza, xa que na actualidade a capa de rodadura atópase en estado irregular, con baches e fisuras. Para darlle solución, executarase unha nova capa de rodadura, limparanse as cunetas e taludes, executarase unha canalización de drenaxe de pluviais, instalaranse pozos de rexistro e farase un muro de contención. Por último, o goberno provincial aprobou para Lalín tres achegas por un total de 596.876,86 euros. En concreto, 94.778,07 euros financiarán o abastecemento de Palmaz e Casares, para dotar de auga potable a estes núcleos así como unha actuación puntual en Bergazos. Doutra banda, 189.600 euros financiarán a pavimentación de viarios en Anzo, Meixome, Prado e nos camiños ao Depósito de Auga novo, Torguedo-Catasós, Vilamaior-Botos, Pena-Donsión, no entronque en Ansean, no camiño en Xar, no camiño en Carragoso, no acceso a Cáceme, no acceso a Rodis, no Val do Carrio-Igrexa, na pista de Rielo, na de Ois Grande, na de Vila Santiso, na de Brántega a Cruceiro, no acceso a Viñoa, na estrada en Muíños-Vilanova e en Meixomin, e na pista de Vales-Gresande. E, amais, enmarcado na liña 3 de emprego, Lalín recibe 312.498,79 euros cos que poderá financiar a contratación de 35 persoas traballadoras.

Baiona pon en marcha a campaña ‘En negro contra as violencias’

O Concello de Baiona súmase, por segundo ano consecutivo, ao protocolo de colaboración para a organización conxunta da campaña de sensibilización "En Negro contra as violencias", no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo 25 de novembro, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

O Concello de Baiona organiza un concurso de decoración de Nadal para establecementos baioneses

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura do Concello de Baiona organiza un concurso de decoración de nadal para os establecementos do Municipio. O prazo estará aberto desde onte, 17 de novembro, ata o vindeiro mércores 1 de decembro.

A exposición ‘A Illa da Memoria’ chega a Baiona

A Capitanía Marítima de Baiona acolleu a inauguración da exposición 'A Illa da Memoria'. Esta actividade está enmarcada dentro da programación organizada pola Concellería de Cultura dedicada en exclusiva á memoria histórica do BaiOutono. A mostra, creada por Antón Caeiro e con carácter itinerante, recolle nunha decena de paneis o pasado da illa de San Simón como campo de concentración durante a Guerra Civil española e na posguerra, de 1936 a 1943.

Desaparecen dúas fotografías da exposición “Corpos, feminismo e territorio” en Baiona

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona informa da desaparición de dúas fotografías da exposición “Corpos, feminismo e territorio”. Concretamente desapareceron as dúas imaxes que levantaron polémica estes días nos medios de comunicación e nas redes sociais.

“Contacontos pola Igualdade” nos colexios do Concello de Baiona

A programación organizada pola Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, "Novembro Lila", continúa coas súas actividades. Onte o CEP Sabarís e CEP Belesar acolleron a actividade “Contos pola Igualdade” a cargo de Paula Carballeira baixo o título “A valentía da Leona”.

O Concello de Baiona e Avelaíña ofrecen un Servizo de Saúde Mental para a cidadanía

O Concello de Baiona informa da posta en marcha do servizo que tratará de dar resposta ás demandas da poboación baionesa en relación á Saúde Mental, mellorando así a súa calidade de vida.

O “Novembro Lila” trae a Baiona un mes dedicado a actividades contra a violencia de xénero

A programación organizada pola Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, " Novembro Lila", trae consigo un mes dedicado a actividades contra a violencia á muller no Concello de Baiona.