Martes, 1 Xullo de 2025

Baiona

‘O teu alcalde responde’, nova sección da web do Concello de Baiona

A web do Concello de Baiona (www.baiona.gal) ofrece unha nova sección, 'Ou teu alcalde responde', unha pestana que aparece na portada xunto cunha foto do actual presidente da Corporación, Carlos Gómez Prado, e na que tras cubrir un pequeno formulario, a cuidadanía poderá expresar as súas dúbidas, suxerencias, queixas, propostas, opinións ou facer unha solicitude de información directamente o alcalde de Baiona.

Baiona inicia unha campaña de reforzo da limpeza viaria que inclúe o decapado de beirarrúas

O Concello de Baiona iniciou unha campaña de reforzo da limpeza viaria a través da realización de distintos decapados das beirarrúas, que completan os labores habituais de limpeza viaria. Esta iniciativa, de carácter extraordinario, arrincou a mediados da semana pasada para realizar baldeos nas beirarrúas con equipos de limpeza con auga a presión e outros medios mecánicos.

Sabarís acollerá o vindeiro domingo 19 de setembro, a terceira edición do rastro familiar ‘MercadiYO’

O vindeiro domingo 19 de setembro, a Avenbida Julián Valverde de Sabarís acollerá a celebración da terceira edición do rastro familiar 'MercadiYO', festa da reciclaxe. Trátase dunha orixinal iniciativa que se desenvolve baixo o lema “o que a ti sóbracha, outros o necesitan” no que os participantes expoñerán nos seus postos todo aquilo que se adoita gardar no trasteiro.

Baiona afonda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián

O Concello de Baiona abre hoxe o prazo para a presentación de solicitudes de venda ambulante durante a Festa do Mel e as Noces que se celebrará os próximos 24, 25 e 26 de setembro co motivo da Romaría de San Cosme e San Damián. Nos distintos postos de venda ofertaranse produtos do campo, comida, artesanía ou plantas poderán instalarse este ano nunha nova edición da Festa do Mel e das Noces de Baiona.

O Concello de Baiona celebra esta fin de semana o VI roteiro musical ‘Sons do Casco’

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza un novo roteiro musical 'Sons do Casco' co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa. Este roteiro musical que terá lugar o 10, 11 e 12 de setembro leva consigo unha fin de semana repleta de música en directo na que participarán un total de 12 grupos musicais con diferentes estilos como o jazz, blues, funk, flamenco, DJ, rock, pop, etc. que buscarán encher de música a Vila.

Baiona ofrece visitas guiadas gratuítas seguras para continuar coa reactivación do sector turístico en setembro

Tras a aposta esta nova tempada estival por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas e coas que reactivar o sector turístico despois do Covid-19. A Concellería de Turismo, á fronte do Alcalde, Carlos Gómez Prado, ha decido ampliar a oferta ao mes de setembro despois da gran acollida que tivo a iniciativa nos meses de verán.

A Asociación Galega de Ambulantes Autónomos denuncia a “ausencia de control” no mercado de sabarís

“A policía Local non fixo ningún tipo de control permanente durante o verán no mercado de Sabarís, permitindo a venda sen Licencia Municipal para exercer a actividade” denuncia a Asociación Galega de Ambulantes Autónomos (AGAA) nun comunicado remitido aos medios de comunicación.

Aberta a matriculación da Escola Municipal de Música de Baiona

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, informa de que o alumnado interesado en facer a matrícula para o curso 2021/2022 poderán facelo en horario de 9.00 a 14.00 horas. O prazo de matriculación estará aberto ata o vindeido 30 de setembro.

Rematadas as obras de mellora do espazo peatonal da Foz do Miñor

O Concello de Baiona ven de rematar as obras de mellora do espazo peatonal da Foz do Miñor, no tramo que percorre o interior da calzada en paralelo ao paseo marítimo.

A Xunta inicia as obras de mellora do sistema de regulación do caudal ecolóxico da presa de Baiona

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, iniciou as obras de mantemento e mellora do sistema de regulación do caudal ecolóxico da presa de Baiona, que suporá un investimento autonómico de 270.000 euros.

Os Premios Nacionais de Vela recoñecen a Joan Cardona como mellor regatista olímpico

Era o máis novo do equipo español e foi o último en sumarse ao escuadrón de regatistas que acudiron a Tokio 2020 representando a España, pero nin unha cousa nin a outra lle impediron lograr o seu ansiado soño de colgarse ao pescozo unha medalla olímpica.

Unha xornada diferente no proxecto Vincúlate de Baiona

O pasado martes, e dentro das actividades levadas a cabo no proxecto Vincúlate, os participantes recibiron a visita do alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e da concelleira de servizos sociais, Conchy Vara, que aproveitaron a ocasión para facerlles entrega dunhas camisetas.