23.8 C
Pontevedra
Luns, 25 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaiona'O teu alcalde responde', nova sección da web do Concello de Baiona

    ‘O teu alcalde responde’, nova sección da web do Concello de Baiona

    A web do Concello de Baiona (www.baiona.gal) ofrece unha nova sección, ‘Ou teu alcalde responde’, unha pestana que aparece na portada xunto cunha foto do actual presidente da Corporación, Carlos Gómez Prado, e na que tras cubrir un pequeno formulario, a cuidadanía poderá expresar as súas dúbidas, suxerencias, queixas, propostas, opinións ou facer unha solicitude de información directamente o alcalde de Baiona. Chegarán directamente á caixa de correos de correo do rexedor, que terá a posibilidade de contestar persoalmente.

    Carlos Gómez comprométese a responder persoalmente a cada unha das consultas realizadas. Esta nova canle de comunicación súmase á inclusión do Concello nas redes sociais Facebook, Instagram e Twitter.

    “Esperamos con esta ferramenta poder seguir avanzando nas políticas de transparencia, pero sobre todo nas políticas de participación e que a relación entre o concello e a cidadanía sexa aínda máis estreita. Un dos obxectivos que quero marcar como Alcalde-Presidente é aumentar a participación cidadá no Concello, patrimonio de todos os/ as baioneses/ as”, destaca Gómez Prado.

    “Esta nova sección nace do convencemento de que a transparencia e a proximidade cos meus veciños e veciñas é unha das partes máis importantes do meu traballo como Alcalde de Baiona. Por esta razón quero que calquera veciño ou veciña poida realizarme calquera pregunta, coa seguridade de que, no menor breve prazo de tempo posible, respondereilla persoalmente”, finaliza o rexedor local.

    Este proxecto forma parte de remodelación substancial da comunicación do Concello, con cambios como a introdución dunha nova imaxe de marga de Turismo de Baiona, a apertura e impulso das redes sociais, e a posta en funcionamento da nova web municipal cuxo principal idea tivo sempre como horizonte achegar a xestión municipal á cidadanía e converterse nunha ferramenta útil para os usuarios. Son estas máximas que empuxaron ao Conello de Baiona a redefinir a súa estratexia de comunicación en liña.

    Ademais, para que a información chegue directamente á cuidadanía, desde o consitorio está a apostarse por incorporar a comunicación a través de redes sociais a través dos perfís oficiais que o Concello de Baiona ten nas diferentes redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram,  redes que convidamos a todos e todas a seguir buscando en calquera delas: Facebook: @concellodebaiona.gal; Instagram: concellodebaiona.gal, Twitter: @ConcelloBaiona. Tamén se conta cunha canle de Youtube: Concello de Baiona.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS