Sábado, 5 Xullo de 2025

Baiona

Baiona reparará a pasarela peonil madeira na estrada de subida a Baíña

Tras as xestións realizadas polo equipo de goberno de Carlos Gómez Prado, a Deputación de Pontevedra, sacou ha licitación as obras de reparación da pasarela de madeira situada na EP2201_BAIONA - BAHIÑA - AS FONTES.

Chegan a Baiona os “coidados porta a porta”

A Unidade Móbil de coidados sociosanitarios estará instalada na Avenida Arquitecto Jesús Valverde (entrada do parador de Baiona) hoxe e mañá para prestar de forma gratuíta os servizos en horario de atención de 09.00 ás 20.00 horas.

Baiona e “Meet Rural” colaboran para que as empresas desenvolvan a súa presenza en liña

O Concello de Baiona chegou a un acordo coa plataforma dixital Meet Rural para que, como oferta de lanzamento, a creación do perfil para as empresas do municipio sexa gratuíta.

Baiona organiza un obradoiro de cociña infantil para o 3 de xuño

Os nenos de Baiona aprenderán a coñecer novas receitas coa campaña “Quere o teu mercado”, unha iniciativa que busca dinamizar os mercados e prazas de abastos, enchéndoos de actividade e de vida e fomentando o consumo de produtos locais entre a veciñanza.

Baiona estrea unha nova identidade para situarse no mapa do turismo mundial

O Concello de Baiona conta cunha nova identidade visual, un orixinal lavado de cara que servirá para dotar á vila dunha potente imaxe que a faga situarse no mapa do turismo mundial.

As obras do cemiterio de Baiona comezan a última fase

Estes días realizouse a terceira e última fase das obras de impermeabilización dos teitos das estruturas de nichos situados no Cemiterio Municipal de Baiona.

O aparcadoiro “O Aral” de Baiona alcanza os 510 abonados

O aparcamento municipal ‘O Aral’ de Baiona alcanzou as 510 persoas abonadas, segundo os datos actualizados que recibiu hoxe o Concello.

Xornada lúdica de tenis de mesa en Baiona este sábado

A Concellería de Deportes de Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Tenis de Mesa. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar este sábado 27 de maio no pavillón municipal de deportes dende ás 10:00 h ata ás 12:00 horas.

O músico baionés Anxo Sotelo Fernández busca votos para optar a unha #BecaRockCamp2023

O batería baionés, de tan só dez anos de idade, busca votos na rede social Instragram para poder optar a unha #BecaRockCamp2023.

Gran mural no CEIP Sabarís con motivo do seu 50 aniversario

O CEP Sabarís, inaugurado no curso 1972/73, conmemora este ano o seu 50 aniversario. Para celebralo, o colexio encargou a realización dun mural conmemorativo na fachada do centro.

O programa “Violencia Zero” chega a Baiona

A performance que onte protagonizaron en Baiona as artistas Nerea Brey e Miriam Rodríguez, no marco do programa da Deputación “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, quixo poñer o foco no feito de que esta situación “supón unha forma máis de machismo da que non sempre somos conscientes”.

Comeza a III edición do programa ‘Vincúlate’ de Baiona

O Concello de Baiona puxo en marcha na primavera do 2021 o programa ‘Vincúlate’, un proxecto pioneiro de intervención con animais para menores de entre 9 e 18 anos que comeza agora o seu terceiro ano de actividade.