23.5 C
Pontevedra
Mércores, 27 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona reparará a pasarela peonil madeira na estrada de subida a Baíña

    Baiona reparará a pasarela peonil madeira na estrada de subida a Baíña

    Tras as xestións realizadas polo equipo de goberno de Carlos Gómez Prado, a Deputación de Pontevedra, sacou ha licitación as obras de reparación da pasarela de madeira situada na  EP2201_BAIONA – BAHIÑA – AS FONTES, a estrada de subida á parroquia de Baíña próxima á  urbanización “Almirante Fontán”, un total de 104 metros de lonxitude, que discorre de xeito íntegro polo Concello de Baiona, onde é necesario realizar a reparación da pasarela peatonal existente mediante a desmontaxe e sustitución das vigas de madeira existente, desmontaxe e sustitución da tarima de madeira e reparación da estrutura metálica.

    Desde o Concello de Baiona vén insistindo no mal estado da infraestrutura que transcorre na estrada provincial para que o ente leve a cabo os traballos oportunes. Tras as constantes comunicacións e solicitudes, a Deputación Provincial de Pontevedra levará a cabo as obras de renovación.

    En concreto, as obras de mellora consisten na reparación dos elementos danados da estrutura de madeira laminada portante da pasarela, e no reforzo dos seus pontones, achegando novo material nos puntos onde é necesario:

    • Substitución de vigas de madeira (durmintes) compostos por madeira maciza de pino norte con tratamento autoclave certificado para clase de uso IV según CTE, de escuadría similar á existente e protección da humidade mediante verteaugas de aluminio superior.
    • Desmontaxe e reposición da superficie de tarima de madeira de pino, mediante a instalación de novas tarimas de madeira de pino norte de sección 145×45 cm, con tratamento en autoclave mediante método Bethell para clase de uso IV según CTE y UNE-EN 335, con tornillería de aceiro inoxidable AISI-304 e tratamento antideslizante clase III certificado por laboratorio independente. Incluida a parte proporcional de medios auxiliares, de elevación, tornillería e aporte de pequeno material.
    • Reparación dos elementos metálicos existentes da estrutura metálica mediante a decapaxe, capa de protección para exposición tipo C5-M (Ambiente mariño) e repintado con pintura adecuada para ambiente mariño, así como o galvanizado en frio das soldaduras.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.