18.4 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaChegan a Baiona os "coidados porta a porta"

    Chegan a Baiona os “coidados porta a porta”

    A Unidade Móbil de coidados sociosanitarios estará instalada na Avenida Arquitecto Jesús Valverde (entrada do parador de Baiona) hoxe e mañá para prestar de forma gratuíta os servizos en horario de atención de 09.00 ás 20.00 horas.

    Desde a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona anímase á poboación maior de 55 anos do municipio para participar neste programa, destinado especialmente a efectuar revisións e valoracións auditivas, atención podológica para prevención e tratamento das principais patoloxías e realización de probas de valoración cognitiva para a prevención de doenzas como o Alzhéimer ou demencias neurodegenerativas.

    Para esta visita en Baiona da Unidade Móbil de coidados sociosanitarios, é preciso pedir cita previa chamando ao número de teléfono 622 748 283 ou no 623 546 992 ou ben contactar a través do enderezo de correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS