13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona acolle o XV Torneo Solidario de Tenis Escolar

    Baiona acolle o XV Torneo Solidario de Tenis Escolar

    A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza o vindeiro sábado, 10 de xuño, o XV Torneo Solidario de Tenis Escolar “ONG Axuda ao mundo necesitado”, que se disputará nas instalacións do pavillón municipal e no pavillón escolar do CPI Cova Terreña. O torneo ten o obxectivo de reforzar o programa deportivo escolar e a propia escola deportiva municipal de tenis. Poderá participar nenos e nenas repartidos nas categorias Peques, Pre-Benjamín, Benjamín, Alevín e Infantil.

    O torneo, ademais de buscar o propósito lúdico e deportivo, tamén ten unha connotación social un ano máis, xa que todos e todas as participantes farán entrega de alimentos non perecedoiros para ser entregados á ONG local “Axuda ao Mundo Necesitado”.

    A competición desenvolverase desde as 9:00 da mañá, horario previsto para confirmar participantes, entrega de dorsais, e ubicación de zonas de xogo, ata as 14:00 horas, momento no que se realizarán a entrega de trofesoa, agasallos a todas as persoas participantes e sorteo de material deportivo.

    Para o desenvolvemento do torneo habilitaranse cinco zonas, unha por categoría, contando con dúas pistas de tenis e catro de mini tenis para o seu desenvolvemento.

    Todas aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán entregar ou boletín oficial de incrición non Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de deportes@baiona.gal.

    As prazas son limitadas por rigorosa orde de inscrición. O boletín oficial de inscrición está dispoñible na páxina web do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/cultura/area-deportes/

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.