Sábado, 10 Maio de 2025

Redondela

Redondela da a coñecer os prazos para a solicitude das diversas subvencións

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Redondela, vén de difundir e comunicar a todas as entidades e asociacións a posibilidade de solicitar diferentes subvencións así como os prazos de cada unha das convocatorias.

O Goberno de Redondela lamenta que a Xunta ignore á veciñanza co problema de Aucosa

O Goberno de Redondela cualificou hoxe de “incomprensible” que a Xunta de Galicia “dea as costas e ignore á veciñanza” no problema medioambiental que supoñen os cheiros provocados pola empresa auxiliar conserveira Aucosa, que procesa restos de peixe para a súa transformación en pensos.

O Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle o xoves a presentación do libro ‘O Viso. A construción dunha paisaxe cultural’

O vindeiro xoves 10 de setembro ás 20 h no Multiusos da Xunqueira de Redondela a Sociedade Cultural do Viso realizará a presentación da publicación da que é responsable e que versa sobre o patrimonio cultural da parroquia do Viso. Con retraso, por mor do covid-19, a entidade cultural dá a coñecer este traballo de recompilación e documentación do patrimonio da parroquia que foi encomendado a A Citania, coordinando Xurxo Constela todo o traballo de recollida, búsqueda documental e redacción.

O Concello de Redondela intensifica a súa colaboración cos centros escolares no inicio do curso

Nun inicio de curso atípico, marcado pola pandemia da COVID-19, o Concello de Redondela quixo lanzar unha mensaxe de apoio aos centros escolares ao afirmar que “os colexios do municipio contarán co apoio deste Concello incluso en medidas que sáense da estrita competencia municipal”. A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros mantiveron durante esta pasada semana, ao igual que o farán na vindeira, encontros coas directivas e docentes dos centros escolares.

O BNG de Redondela canaliza as demandas veciñais “en defensa duns centros de saúde de calidade”

A concentración convocada polo BNG de Redondela en defensa da sanidade pública e de calidade que tivo lugar este venres fronte ao centro de saúde, contou co apoio dun numeroso grupo de redondeláns e redondelás, “que demandan melloras na atención sanitaria”. Tanto usuarios e usuarias, como o persoal facultativo avogan por unha maior contratación de profesionais.

A xornada internacional de turismo mariñeiro e pesca-turismo celebrarase o 24 e 25 de setembro

Acompañar aos traballadores e traballadoras do mar durante a faena e coñecer en que consiste o seu labor, que aparellos empregan, que especies capturan, en definitiva, achegarse á súa profesión e á súa relación co noso Atlántico, é o que ofrece o turismo mariñeiro. Unha experiencia para descubrir todo o esforzo que hai detrás dun mexillón, unha ameixa ou un sargo e valorar os recursos que ofrece o océano.

Concello de Redondela e AFAGA retoman o Programa de Estimulación Terapéutica

Dende o pasado día 1 de setembro, o Concello de Redondela, a través da Concellería das Persoas Maiores que xestina a alcaldesa Digna Rivas, en colaboración con AFAGA, vén de retomar as actividades do Programa de Estimulación Terapéutica que se desenvolverán no Multiúsos da Xunqueira en Redondela, e no Multiúsos Piñeiral do Crego, de Chapela.

Redondela mantén aberta a convocatoria para a concesión de axudas de comedor escolar

O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que ata o día 28 de setembro está aberto o prazo para solicitar as Axudas de Comedor Escolar para o curso 2020-2021. As bases da convocatoria, publicadas o 25 de agosto no BOOPO (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, poden consultarse nesta ligazón.

A Biblioteca ‘Xela Arias’ de Chapela reabre as súas portas logo do ‘parón’ do mes de agosto

Logo das vacacións de agosto, a Biblioteca 'Xela Arias' de Chapela xa abriu as súas portas dende onte, 1 de setembro, e está ao dispor de usuarios e usuarias que poden devolver os préstamos, levar novos documentos ou usar as súas instalacións.

O Arealonga FS Chapela abre a inscrición para a nova tempada adaptada ás normas sanitarias marcadas pola pandemia

Comeza unha nova tempada de fútbol Sala e o Arealonga FS Chapela abre a inscrición para que todos os nenos e nenas poidan practicar este deporte. Será unha tempada marcada, como en todo, pola nova normalidade que nos toca vivir.

O Concello de Redondela reforzará a campaña ‘Faino por Todxs’ de sensibilización e prevención fronte ao coronarivus

O Concello de Redondela vén de anunciar a “intensificación” da campaña de sensibilización e prevención fronte á COVID-19 'Faino por Todxs' logo de que nas últimas datas se incrementen sensiblemente os números de contaxio en toda a comunidade galega e dende o convencemento “que a prevención, a sensibilización e a responsabilidade de todos e todas, son un dos camiños que temos para contribuír a frear esta pandemia”.

Alberto Álvarez Pérez, toma posesión como novo concelleiro do grupo de goberno de Redondela

Alberto Álvarez Pérez é, dende onte xoves, novo concelleiro do grupo de goberno do Concello de Redondela logo de tomar posesión da súa acta no Pleno Ordinario da Corporación Municipal.