11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaConcello de Redondela e AFAGA retoman o Programa de Estimulación Terapéutica

    Concello de Redondela e AFAGA retoman o Programa de Estimulación Terapéutica

    A iniciativa, dirixida ás persoas con deterioro cognitivo estivo paralizada durante o confinamento e, en moitos casos, orixinou un agravamento do estado das persoas usuarias

    Dende o pasado día 1 de setembro, o Concello de Redondela, a través da Concellería das Persoas Maiores que xestina a alcaldesa Digna Rivas, en colaboración con AFAGA, vén de retomar as actividades do Programa de Estimulación Terapéutica que se desenvolverán no Multiúsos da Xunqueira en Redondela, e no Multiúsos Piñeiral do Crego, de Chapela.

    Para o inicio das actividades, durante a segunda quincena do mes de agosto AFAGA, en coordinación coa concellería de Servizos Sociais desenvolveu entrevistas coas familias de cara a explicar os protocolos e as medidas de adaptación destes obradoiros á nova normalidade.

    Asemade realizáronse tamén entrevistas de valoración individuais coas persoas usuarias coa finalidade de comprobar os cambios –na maior parte, agravamento– do seu estado tras os meses de confinamento.

    As novas solicitudes formuladas durante a suspensión da actividade a consecuencia da crise sanitaria pola COVID-19, foron derivadas para que o persoal de Afaga puidera realizar a oportuna valoración técnica de cara á inclusión de novas persoas nos obradoiros.

    A concelleira de Persoas Maiores, a alcaldesa Digna Rivas, agradeceu o traballo desenvolvido polo persoal da Concellería de Servizos Sociais e persoal responsable de AFAGA “que durante moitas semanas estudaron e coordinaron todos os detalles para facer posible este reinicio da actividade e que se poida desenvolver nunhas condicións óptimas de seguridade e hixiene para todas as persoas participantes”.

    O Programa de Estimulación Terapéutica desenvolverase os luns e mércores, de 10:30 h a 13:30 horas no Multiúsos da Xunqueira en Redondela e os martes e xoves, no mesmo horario, no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela.

    Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos teléfono 986 22 97 97 de AFAGA ou ao 986 40 26 08 dos Servizos Sociais de Redondela. Tamén poden solicitar máis información no correo electrónico afaga@agaga.com

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.