O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras que xestiona Vicente Lamas, continúa a desenvolver o programa de mellora dos camiños do rural, centrándose as actuacións en Cedeira, Reboreda e O Viso.
Unha colisión múltiple na que se viron implicados un turismo, unha furgoneta e un camión que transportaba madeira saldouse a tarde de onte en Redondela cunha persoa ferida, que tivo que ser excarcerada por os membros do Servizo de Emerxencias e Incendios de Redondela e os Bombeiros do Porriño.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, deu a benvida as tres persoas que comezan hoxe a traballar no Concello de Redondela, en período de prácticas, ao abeiro do programa 'O teu primeiro emprego' da Deputación de Pontevedra e logo de pasar o correspondente proceso selectivo.
Un novo formato de promoción comercial que combina o mellor da Feira de Oportunidades co mellor da Shopping Night, chega ao comercio Redondela. Trátase dun evento único que achegará á clientela a posibilidade de acceder as mellores ofertas da Feira de oportunidades e aos descontos da estrea da nova tempada: os Shopping Days, que esta mañá foron presentados coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.
Ao fío das 10:30 horas desta mañá, un particular informaba ao 112 Galicia dun accidente entre dous vehículos que circulaban pola estrada que une Redondela e Arcade, á altura do lugar de Soutoxuste.
A Xunta vén de emendar un punto de vertido de augas residuais á ría de Vigo no concello de Redondela.
O punto de vertido foi localizado durante os labores rutineiros de inspección que o Plan de control de vertidos de Augas de Galicia realizada na rede fluvial e na marxe litoral do termo municipal.
Redondela verá outra estrada provincial mellorada en breve tempo. A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar o proxecto de execución dun tramo da EP-2906 entre Os Valos e Guizán. As obras, que teñen un orzamento de 402.341,59 euros financiados na súa totalidade pola entidade provincial, serán licitadas en breve e contarán cun prazo de execución de 5 meses.
A Biblioteca Xela Arias de Chapela celebrou, esta pasada semana, o seu décimo quinto aniversario, celebración que non se pudo realizar en abril, que era cando correspondía, a causa da pandemia da COVID-19. Para esta ocasión tan especial, contouse coa presenza do músico Xoán Curiel, artista ben coñecido polos usuarios e usuarias da biblioteca de Chapela a través dos seus libro-discos.
O Goberno de Redondela lanzou hoxe unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza de Cabanas, Rande e Chapela ante a alerta ocasionada polas obras de construción dunha instalación de gas licuado nos terreos da empresa Aucosa, traballos “que non figuraban na licencia solicitada pola empresa” e, en consecuencia, o Concello “adoptará medidas de restauración da legalidade urbanística”.
O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de toda a veciñanza interesada que o vindeiro 15 de outubro, xoves, remata o prazo para o pagamento, en período voluntario, dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles de urbana e rústica do exercicio 2020 (IBI).
O Goberno local de Redondela anunciou hoxe o adiamento da xornada de portas abertas que tiña previsto desenvolverse mañá sábado, 3 de outubro, no Centro Comunitario de Trasmañó (na antiga escola da parroquia), debido ás malas previsións meteorolóxicas que impedirían a normal celebración das actividades programadas entre as que se incluían as actuacións de Gaiteiros Tirapuxa e Airiños do Mar de Teis.
Hoxe unha muller resultou ferida despois de saírse da vía co seu vehículo e precipitarse por un terraplén.
O accidente tivo lugar ás 5:30 horas da madrugada de hoxe cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar do suceso.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.