O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de toda a veciñanza interesada que o vindeiro 15 de outubro, xoves, remata o prazo para o pagamento, en período voluntario, dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles de urbana e rústica do exercicio 2020 (IBI).
O pagamento pode realizarse en calquera das entidades bancarias colaboradoras –Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya– presentando o correspondente recibo que xa foi remitido aos domicilios das persoas contribuíntes.
Aquelas veciñas ou veciños que aínda non recibiran a correspondente carta de pagamento –recibo– no seu domicilio, poden solicitar un duplicado dos mesmos la Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela, –rúa Ernestina Otero 35, baixo– en horario de e atención ó público: mañás de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e tardes de luns a xoves de 16:00 h a 19:00 horas). Para calquera información pódense dirixir ao teléfono 986 408 374, ao correo electrónico [email protected] ou a través da Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es
Cómpre salientar que unha vez finalizado este prazo de pagamento voluntario, o cobro realizarase por vía executiva coas recargas de apremio correspondentes.