19.5 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaA alcaldesa de Redondela da a benvida as tres persoas contratadas ao...

    A alcaldesa de Redondela da a benvida as tres persoas contratadas ao abeiro do programa ‘O teu primeiro emprego’ da Deputación

    Un arquitecto técnico, unha técnica en xestión pública e unha técnica superior en Riscos Laborais comezaron hoxe o seu contrato en prácticas por un período inicial de 6 meses.

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, deu a benvida as tres persoas que comezan hoxe a traballar no Concello de Redondela, en período de prácticas, ao abeiro do programa ‘O teu primeiro emprego’ da Deputación de Pontevedra e logo de pasar o correspondente proceso selectivo.

    Iria Riobóo Vicente, (técnica de Xestión Pública); Fernanda Vaqueiro Pérez (técnica superior en Prevención de Riscos Laborais) e Alejandro Fernández Comesaña (arquitecto técnico), mantiveron un breve encontro coa alcaldesa e co concelleiro de Persoal, Alberto Álvarez na que ámbolos dous puxéronse a disposición dos novos traballadores municipais e desexáronlle sorte no comezo da súa andaina laboral.

    A Deputación concedeu, para estas contratacións, unha subvención de 17.700 € para a contratación destas tres persoas nun primeiro período de prácticas de 6 meses que podería ser prorrogado noutros seis meses máis, condicionado á existencia de crédito no Orzamento Provincial correspondente.

    Digna Rivas e Alberto Álvarez, salientaron a importancia desta iniciativa da Deputación que permite a contratación de titulados e tituladas universitarias e dos ciclos superiores de formación profesional “que lles permite adquirir a práctica necesaria, adecuada aos seus estudos, co que se lle facilita a súa inserción no mercado laboral”.

    Cómpre salientar que a subvención outorgada pola administración provincial, cubre unha parte do curso laboral xa que o Concello, engade a alcaldesa de Redondela, “correrá co gasto suplementario ata acadar o custo laboral o custo laboral que lle corresponda a cada un deles e delas dentro da súa categoría laboral.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS