Xoves, 8 Maio de 2025

Redondela

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o Día da Ilustración cunha sesión de debuxo

As Bibliotecas Municipais de Redondela convidan aos nosos usuarios e usuarias a participar nas actividades que organizan, o martes 30 de xaneiro con motivo do Día da Ilustración, data que o Calendario do Libro e a Lectura de Galicia recolle en conmemoración do nacemento de Castelao.

O perigo de derrube unha árbore sobre o tendido eléctrico obriga ao Concello de Redondela ao peche puntual dun carril da N-555

A Concellería de Infraestruturas e Sostibilidade do Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento das persoas interesadas que mañá mércores, 24 de xaneiro, pecharáse ao tráfico rodado un carril na N-555, que une Redondela con Peinador. O perigo de derrube dunha árbore sobre o tendido eléctrico obriga a este peche “xa que o propietario da finca precisa utilizar un camión grúa para a retirada da árbore”, explica o concelleiro Roberto Villar.

O Concello de Redondela lamenta que o PP non apoie as reivindicacións das traballadoras e traballadores do mar do municipio

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lamentou hoxe que o PP redondelán "non apoie as reivindicacións do sector pesqueiro e marisqueiro de Redondela" logo de que os populares denunciasen ante a Xunta Electoral Central á rexedora local polo feito de que o Concello puxese a disposición da veciñanza autobuses para acudir á manifestación “En defensa do noso mar” celebrada o domingo e Santiago.

Redondela traballa na creación de novas instalacións deportivas

O Concello de Redondela está a traballar na posta e marcha de novas infraestruturas deportivas neste mandato. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, afirma que desde o goberno local son “moi conscientes” da necesidade dun novo pavillón en Chapela “para cubrir as grandes necesidades derivadas do crecemento de disciplinas como a patinaxe, o balonmán ou o fútbol sala feminino, entre outros”.

Entrega de premios da Campaña de Nadal da Asociación de Empresarios de Redondela

Mais de 1500 rexistros de clientes e un total de 64 466 participacións entraron no bombo do sorteo dos 3000 € en vales de compra da Campaña de Nadal organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela. A campaña realizouse por primeira vez íntegramente de xeito dixital e superou as expectativas de participación xa que, segundo explica a Asociación, "superáronse as cifras de participación dos últimos anos nos que o proceso se facía a través de papeletas".

Redondela quenta motores para un Entroido con catro días de festa

Xa está aberto o prazo de inscrición para o desfile de Comparsas de Redondela e o Enterro do Berete de Chapela. O acto de Redondela está programado para o 11 de febreiro e o de Chapela para o 17 do mesmo mes. As para estes desfiles están dispoñibles na páxina web do Concello de Redondela. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata 2 de febreiro no caso das Comparsas de Redondela e do 19 de xaneiro ao 9 de febreiro no caso do Enterro do Berete de Chapela.

Redondela pon autobuses á disposición da veciñanza para acudir á manifestación “Na defensa do noso mar” en Santiago

O sector do mar sairá á rúa en Compostela este domingo día 21 para denunciar a grave situación que vive o sector pesqueiro e marisqueiro “e que arrastra desde hai máis dunha década” segundo os colectivos convocantes. A manifestación partirá ás doce do mediodía da Alameda e terminará na Praza do Obradoiro. Máis dun cento de colectivos do sector do mar e agrupacións ecoloxistas apoian esta mobilización baixo o lema “Na defensa do noso mar”, entre eles a Confraría de Redondela.

O CEIP Porto Cabeiro presenta un libro con traballos do seu alumnado editado polo SNL do Concello de Redondela

O martes 16 de xaneiro, o salón de actos do CEIP Porto Cabeiro acollerá 17:30 horas a presentación do libro “O alumnado de Porto Cabeiro escribe sobre as súas parroquias”. Un libro editado polo Concello de Redondela e preparado dende o Servizo de Normalización Lingüística municipal coa colaboración do equipo de normalización do colexio.

Redondela prepara unha limpeza da praia de Cesantes para paliar os desperfectos dos temporais do inverno

O luns comezarán as tarefas de limpeza na praia de Cesantes, logo de que unha empresa especializada na xestión ambiental fixese unha valoración de todos os danos sufridos no areal e na súa contorna por mor dos temporais deste inverno. Ao tratarse dun espazo de especial protección dentro da Rede Natura 2000, o Concello solicitou en decembro unha autorización á Xunta de Galicia para poder actuar.

O voceiro do PP de Redondela da marcha atrás nas acusacións contra a alcaldesa Digna Rivas

O voceiro do PP rectificou as súas acusacións contra Digna Rivas sobre a solicitude dunha subvención logo da denuncia presentada pola alcaldesa por un presunto delito de calumnias. Bas Corugeira, que acusara á alcaldesa de “firmar e enviar documentación falsa para obter unha subvención”, declarou ante a xuíza que a súa intención “non era dicir que Rivas elaborase ningún documento falso”.

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebraron o Día das persoas usuarias coa entrega do premio «Reto lector 2023»

A usuaria das Bibliotecas de Redondela, Argentina Rodríguez, resultou gañadora do sorteo do 'Reto lector 2023', unha iniciativa de fomento da lectura para o público adulto posta en marcha polas Bibliotecas Municipais de Redondela a proposta da Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela.

Todo o alumnado usuario do departamento de Servizos Sociais de Redondela conta con bolsa de comedor do Concello

Un total de 41 nenos e nenas de Redondela dos cursos de Infantil e Primaria contan con bolsa de comedor municipal neste curso 2023/24. Estas axudas da concellería de Servizos Sociais están destinadas a familias con problemática socio-económica, e cobren a totalidade dos gastos do comedor escolar.