Venres, 4 Xullo de 2025

Redondela

Redondela pon a disposición do comercio local a web MercaNaCasa

Apoiar ao comercio local, darlle visibilidade e contribuír á súa dinamización aproveitando toda a potencialidade das novas tecnoloxías, son algúns dos obxectivos que busca a a web https://mercanacasa.redondela.gal/, posta en marcha pola Concellería de Comercio, que xestiona María Castro.

“Tic Emprendes” ofrece un curso para guías de sendeirismo en Redondela

Un total de 17 persoas mozas de entre 16 e 30 anos, a maioría delas mulleres (11), participan en Redondela nas prácticas para converterse en guías titulados de itinerarios ao aire libre.

Redondela amplía o seu patrimonio coa adquisición da parcela anexa ao convento de Vilavella

O Concello de Redondela vén de formalizar, ante notario, a compra da parcela situada a carón do convento de Vilavella, ata agora propiedade da firma Building Center, un paso imprescindible para a realización do ambiciosos proxecto que transformará completamente a Praza de Ponteareas, unha das principais vías de entrada ao casco urbano.

Rematadas en Redondela as obras de recuperación e posta en valor da Fonte de Santiago

O Concello de Redondela vén de dar por rematados os traballos de recuperación da Fonte de Santiago, obras que se enmarcan dentro dunha iniciativa global de rehabilitación e posta en valor do patrimonio histórico-artístico e cultural do municipio e que contaron cunha subvención da Deputación de Pontevedra de 10.667 €.

Redondela pon en marcha a Oficina Virtual Tributaria 3.0

O Concello de Redondela vén a poñer a disposición das persoas contribuíntes a Oficina Virtual Tributaria 3.0, unha ferramenta “próxima e intuitiva” que permite á cidadanía acceder á xestión de tributos dende calquera dispositivo móbil, a calquera hora e dende calquera lugar.

A Xunta licita as obras de substitución da cuberta do CAPD de Redondela

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou durante unha visita ao Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela, a licitación das obras de substitución da cuberta desta instalación.

Redondela reafírmase na “diversidade, tolerancia e respecto” no acto institucional do Día do Orgullo LGTBIQ+

“Apostamos pola tolerancia, a diversidade e o respecto e loitaremos, sen descanso e con todos os recursos dispoñibles, contra a homofobia e a intolerancia, porque é o único xeito de acadar unha sociedade igualitaria e realmente xusta”. Así o manifestou na mañá de hoxe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, no acto institucional do Día do Orgullo LGTBIQ+ que tivo lugar na Praza do Concello.

Os certificados do padrón de Redondela xa se poden descargar desde a súa sede electrónica

O Concello de Redondela vén de incorporar aos seus servizos telemáticos, a obtención do volante de empadronamento. Con este novo trámite na súa sede electrónica, Redondela segue a apostar pola modernización e dixitalización dos trámites administrativos e cidadáns.

Feridas tres persoas feridas nunha colisión frontal en Redondela

Unha colisión frontal entre dous vehículos fixo que tres persoas rematasen feridas, na localidade de Redondela.

O Goberno local apoia ao movemento asociativo de Redondela con preto de 250.000 euros de subvencións nominativas

O Pleno da Corporación Municipal de Redondela aprobou na súa sesión ordinaria correspondente ao mes de xuño, a proposta do equipo de Goberno de subvencións nominativas a colectivos e asociacións coas que o executivo local busca “apoiar ao movemento asociativo redondelán que, dende as súas diferentes áreas de actuación, contribúe ao desenvolvemento social, cultural, veciñal deportivo e económico de Redondela”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas.

‘Xuventude á Auga’, a proposta de Redondela para que a mocidade tome contacto cos deportes acuáticos

Por primeira vez, a infancia e a mocidade de Redondela poderán tomar contacto dos deportes acuáticos a través da iniciativa 'Xuventude á Auga', promovida polas concellerías de Deportes e Xuventude que xestionan Nacho González e Olga García Ballesteros, respectivamente.

Tres días de actividades no Día Nacional de Galicia en Redondela, “para reforzar o noso orgullo de ser galegos e galegas”

O Concello de Redondela presentou onte, na Praza do Concello, os actos que se desenvolverán exactamente dentro dun mes –o vindeiro 25 de xullo– con motivo do Día Nacional de Galicia. O programa organizado pola Concellería de Normalización Lingüística que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, e que se desenvolverá baixo o lema de «Terra... a nosa!», foi presentado na Alameda Castelao pola rexedora local á que acompañaban a concelleira Marta Alonso e o concelleiro Alberto Álvarez.