A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada polos concelleiros de Urbanismo,
Antonio Cabaleiro, e de Deportes, Iván Valles, reuniuse esta pasada semana coa directiva do
Chapela CF, encabezada polo seu presidente, José Hermida, acompañado polo vicepresidente Joaquín Rodríguez e o tesoureiro José Luis Ballesteros. Na xuntanza abordaron, entre outros temas, o cambio de céspede no terreo de xogo do campo de fútbol municipal.
O Concello de Redondela conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha serie de actividades nas que se está a implicar toda a sociedade redondelá. Exposicións, teatro, ciclos formativos, xornadas de saúde feminina, roteiros para escolares e concertos son algunhas das actividades que ao longo dos meses de marzo e abril ofrece a concellería de Servizos Sociais e Igualdade baixo o lema 'Enredadas pola Igualdade'.
O Concello de Redondela ofrece un curso de Formación en Igualdade para os concelleiros e concelleiras da corporación municipal. Será o vindeiro martes, día 5, e impartirá o curso Lucía Pereda, educadora social e axente de igualdade. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que para o goberno local a formación en igualdade e a prevención da violencia de xénero é algo” prioritario” no que se traballa “ao longo de todo o ano” e non só en datas específicas. De aí os cursos de formación que se imparten nos institutos e outras actividades que se realizan tanto en Redondela como nas parroquias en diferentes épocas.
O temporal que azoutou as Rías Baixas esta fin de semana deixou diferentes incidencias no municipio de Redondela. Entre as máis destacadas están a caída dunha oliveira de gran tamaño na Alameda Rosalía de Castro en Chapela; dunha árbore no paseo do río Maceiras e dun poste de telefonía no camiño Pereira en Reboreda aos que hai que engadir a caída dun muro na Formiga e o derrube de dous taludes no camiño do Sapal, un á altura do Corisco en Saxamonde e outro en Santo Estevo de Negros, onde tamén caeu un poste de iluminación.
O pasado xoves, o Concello de Redondela deu inicio aos traballos de limpeza das marxes na estrada Santo Paio de Arriba, na parroquia de Reboreda, para poñer en marcha a obra de pavimentación e mellora deste camiño. A actuación consiste na mellora da drenaxe e a pavimentación da estrada con aglomerado asfáltico en quente.
Os Mercados Municipais de Redondela e Chapela celebraron esta mañá o Día de Rosalía de Castro cunha homenaxe á autora galega. Veciños e veciñas que se achegaron a estas prazas de abastos puideron degustar o Caldo de Gloria elaborado polo Obradoiro de Hostalaría do Concello de Redondela seguindo a receita do poema de Rosalía. Ademais a clientela que fixo algunha compra nestes mercados participou no sorteo de bolsas de tea cun deseño especial vencellado a Rosalía de Castro, e o reparto de balde de libros da escritora.
O Concello de Redondela aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal co voto a favor de toda a Corporación municipal agás os tres concelleiros do BNG que optaron pola abstención. A alcaldesaDigna Rivas amosou a súa satisfacción por este paso adiante paro o urbanismo de Redondela “cun planeamento moi necesario para a fveciñanza e para o futuro do
municipio” a cualificou a xornada como “histórica”.
Quen forma parte do alumnado con necesidade específica de apoio educativo? Que é a atención á diversidade? Cales son os dereitos das familias e do alumnado que aprende de forma diferente? son algunhas das preguntas sobre a atención a diversidade que se aborden na charla que terá lugar este xoves 22 de Febreiro no Multiusos da Xunqueira en Redondela, organizada pola Federación de ANPAS de Redondela.
A concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Pedro Villaverde, realizou a pasada semana traballos de poda e limpeza nas árbores da avenida Mendiño para evitar posibles desprendementos das pólas que estaban secas e podres. Villaverde rexeita as acusacións da Agrupación de Electores, que cualificou actuación de “arboricidio”, xa que os traballos realizados polos traballadores municipais “realizáronse por motivos de seguridade”.
O Concello de Redondela levará o Plan Xeral de Ordenación Municipal para a súa aprobación inicial no pleno do próximo mércores, 21 de febreiro. O goberno local facilitará á cidadanía todos os medios dispoñibles para que, unha vez aprobado, a cidadanía coñezan o plan e poida facer as súas alegacións. O prazo que establece a normativa é dun período de dous meses, pero o goberno redondelán decidiu amplialo ata os tres meses “para favorecer que toda a veciñanza teña tempo de estudalo, saber como lle vai afectar e poida facer as alegacións que estime oportunas”, explica a alcaldesa Digna Rivas.
O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, e o delegado do Goberno, Pedro Blanco, desprazáronse esta mañá ao Concello de Redondela (Pontevedra) en visita institucional, onde foron recibidos pola alcaldesa, Digna Rivas.
O próximo venres, 16 de febreiro, chega á Biblioteca Municipal de Redondela, da man da Fundación Filomena Rivero Alonso, "Pepa Martín, mariscadora de contos". Pepa é narradora, dinamizadora da lectura e contadora desde hai máis de 20 anos, e tamén unha gran viaxeira, sempre contando e escoitando historias!
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.