O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, e o delegado do Goberno, Pedro Blanco, desprazáronse esta mañá ao Concello de Redondela (Pontevedra) en visita institucional, onde foron recibidos pola alcaldesa, Digna Rivas.
Tras asinar no Libro de Ouro do Concello, o ministro coñeceu os proxectos que a rexedora de Redondela desenvolve en materia de sostibilidade turística e cos que está a colaborar o Goberno.
Na reunión tamén analizaron os proxectos en materia de promoción empresarial e industrial que promove Zona Franca de Vigo e que teñen como espazo de implantación o Concello de Redondela. Neste encontro tamén participou a concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez