O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras, deu por rematados os traballos de mellora de firme e xestión de augas pluviais no camiño da Carballeira, na parroquia de Cedeira.
Esta semana, unha delegación de representantes do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda viaxa ás Illas Canarias no marco do proxecto de cooperación Mar das Illas, impulsado xunto ao GALP Ría de Pontevedra e o GALP Ría de Arousa.
O Concello de Redondela presenta as diferentes actividades que se van a realizar no Samaín. Vanse realizar actividades para diferentes públicos, comenzarán ó 29 de outubro co obradoiro “Fai a túa cabaza de Samaín” que se desenvolveran no Multuisos do Piñeiral do Crego en Chapela e no Multiusos da Xunqueira en Redondela de 17:00 a 19:30 horas.
A Xunta de Galicia vén de recoñecer o proxecto Unha biblioteca para Xela, da Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela (Redondela), co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que ten como obxectivo impulsar e pór de relevo os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais.
Tres mozas redondelás: Carla, Teresa e Xiana, representando ao grupo de participación 'Axentes do Cambio' de Redondela, e tomarán parte durante esta fin de semana no encontro onde, xunto con outras nenas, nenos e adolescentes de toda a Galiza, traballarán ao redor das propostas que se van a trasladar á Xunta de Galicia o día 16 de novembro.
O Concello de Redondela, en colaboración da Deputación de Pontevedra, vén de poñer en marcha unha nova liña de subvencións –a terceira dende que comezou a pandemia da Covid-19– para paliar a diminución ou paralización de actividade.
Tralo éxito acadado esta pasada fin de semana pola primeira parte da Batalla de Rande que se desenvolveu polas rúas de Redondela e do Festival Casto Sampedro, que acadaba a súa segunda edición, a programación cultural deseñada pola Concellería de Cultura terá, nesta vindeira fin de semana, dous pratos fortes.
A redondelá praza de José Figueroa foi escenario na mañá de hoxe da presentación da campaña 'Nós galego 365', unha iniciativa promovida pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela, que busca a potenciación da lingua galega no ámbito comercial, neste caso, no sector das panadarías.
O Museo Meirande de Redondela acolleu, na mañá de hoxe, a presentación da súa nova páxina web nun acto presidido pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, ás que acompañaba a concelleira de Turismo, María Castro, representantes da Corporación Municipal e o alumnado do obradoiro de emprego 'Redondela TIC 2020', encargados da elaboración do novo portal da instalación museística.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, que xestiona Alberto Álvarez, manterá durante esta semana novos encontros coa veciñanza para dar a coñecer as vantaxes da compostaxe como alternativa á xestión tradicional de residuos sólidos urbanos. Amais das actividades encamiñadas ao fomento do uso dos composteiros domésticos, os técnicos manterán reunións con veciños e veciñas para informar sobre a compostaxe comunitaria.
Durante os meses de setembro e outubro a Biblioteca Xela Arias de Chapela organizou unha serie de actividades de animación á lectura dirixidas ao público infantil e familiar. As iniciativas desenvolvidas foron todo un éxito de participación –as entradas esgotáronse– e de satisfacción do público asistente.
Redondela recupera, pouco a pouco, a importancia que en materia turística corresponde ao cuarto concello da provincia de Pontevedra, segundo se desprende dos datos aportados pola Concellería de Turismo, que xestiona María Castro.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.