A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, que xestiona Alberto Álvarez, manterá durante esta semana novos encontros coa veciñanza para dar a coñecer as vantaxes da compostaxe como alternativa á xestión tradicional de residuos. Os técnicos informarán os veciños e veciñas sobre a compostaxe comunitaria.
Polo que se repartirá mostras de compost en Chapela o día 3 de novembro dende as 09:00 ás 13:30 horas no composteiro comunitario situado na Avenida de Vigo e en Redondela o 4 de novembro de 9:00 a 13:30 no composteiro situado no Paseo da Xunqueira, repartiránse mostras de compost entre a veciñanza, ao mesmo tempo, os técnicos asesorán sobre a súa utilización e como sacarlle un maior rendemento.
A compostaxe comunitaria permite, entre outras cousas, que poidan participar na reciclaxe de residuos orgánicos domésticos. O composteiros comunitarios poñéranse en funcionamento a partir do 8 de novembro tanto en Chapela como en Redondela.
Recordamos tamén que xa están para recoller os composteiros domésticos individuais na nave de vías e obras, ata o 5 de novembro.
Trátase, explica Alberto Álvarez, de ofrecer á cidadanía todas as ferramentas que precisan para “ben de xeito individual ou comunitario, realizar un cambio de tendencia no tratamento tradicional do lixo orgánicos conseguindo, a cambio, un abono de primeira calidade e contribuíndo a unha redución dos residuos sólidos urbanos”.