Luns, 30 Xuño de 2025

Redondela

Redondela acolle os traballos presentados ao concurso de fotografía do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy

O multiúsos da Xunqueira acolle, ata o vindeiro 28 de febreiro, a exposición das obras participantes na décimo sexta edición do concurso de fotografía convocado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy e no que a instantánea 'Libre' de Manoel Souto Lorenzo, foi merecedora do premio á mellor fotografía do certame.

O Concello de Redondela inicia as obras de ensanche do Camiño do Albarrén, en Cedeira

O Concello de Redondela iniciará hoxe mércores, 12 de xaneiro, as obras de mellora e ensanche do Camiño do Albarrén, na parroquia de Cedeira, actuación que se desenvolverá no treito comprendido entre o camiño de Fortóns e a liña 810 de ADIF.

As persoas xordas poderán solicitar o servizo de interpretación de lingua de signos para as súas xestións no Concello de Redondela

O Concello de Redondela vén de lembrar a todas as persoas xordas residentes no municipio que poden solicitar o servizo de interpretación de lingua de signos para calquera xestión que precisen realizar ante a administración local.

Redondela abre a inscrición para o servizo de préstamo de dúas biotrituradoras

Dende o pasado 3 de xaneiro, veciñas e veciños de Redondela poden inscribirse no servizo de préstamo de biotrituradoras, unha iniciativa da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Alberto Álvarez e que reafirma a aposta do Goberno socialista redondelán pola compostaxe e a protección do medio ambiente.

A Asociación de Empresarios de Redondela crea unha nova oportunidade para participar no plan de emprego

A Asociación de Empresarios de Redondela anuncia a selección de 100 persoas desempregadas para participar no plan integrado para o emprego que se desenvolverá durante o ano 2022.

Redondela lembra ao PP que os terreos para a escola infantil de Chapela “están a disposición da Xunta dende o 16 de marzo”

O Goberno do Concello de Redondela amosou hoxe a súa sorpresa polas manifestacións formuladas polo Partido Popular local nas que “demanda que se poñan a disposición da Xunta tanto os terreos necesarios como o proxecto para a nova escola infantil de Chapela”.

Redondela aproba o pagamento de axudas a un cento de empresas e persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da Covid

Un total de 100 empresas e persoas traballadoras autónomas recibirán nos vindeiros días o pagamento das axudas que o Concello de Redondela, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos, destina a paliar a diminución ou paralización de actividade.

Redondela e Chapela terán Cabalgatas de Reis ‘estáticas’

Redondela e Chapela celebrarán, o día 5 de xaneiro do 2022 coa finalidade que as nenas e nenos poidan gozar dunha das actividades máis ilusionantes do Nadal, a chegada dos Reis Magos.

A Gran Cesta de Nadal do comercio de Chapela, xa ten gañador

José Manuel Alonso González é o gañador do sorteo da Gran Cesta de Nadal logo de mercar unha rosa para a súa dona e catro papeletas na Floristería Vidal.

Redondela pon en marcha o programa ‘Maiores en Movemento’ con catro actividades

O Concello de Redondela poñerá en marcha, neste vindeiro ano, o programa 'Maiores en Movemento', unha iniciativa pioneira –aposta persoal da alcaldesa Digna Rivas–, que se desenvolverá por primeira vez en todas as parroquias do municipio e que está formada por catro actividades: Memoria Activa, Maiores en Redes, Xerontoximnasia e Tai Chi na rúa.

Rematados os traballos da Senda Verde que transforman a antiga vía de ferrocarril nun novo espazo de lecer

A Senda Verde de Chapela xa é unha realidade. O antigo trazado ferroviario vén de converterse nun espazo de lecer e esparexemento para a cidadanía, ofrecendo un marco idóneo para o paseo, a práctica do deporte e a vida saudable.

Redondela acolle este domingo a ‘I Carreira 5K Concello de Redondela’

O domingo 26 de decembro, as rúas do casco urbano de Redondela acollerán a disputa da que será a 'I Carreira 5K Concello de Redondela', proba organizada pola Concellería de Deportes, que xestiona Nacho González e que conta co patrocinio de Rodavigo e a colaboración da Asociación Deportiva CAR.