14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela abre a inscrición para o servizo de préstamo de dúas biotrituradoras

    Redondela abre a inscrición para o servizo de préstamo de dúas biotrituradoras

    As persoas solicitantes non teñen que ser participantes nos programas de compostaxe doméstica

    Dende o pasado 3 de xaneiro, veciñas e veciños de Redondela poden inscribirse no servizo de préstamo de biotrituradoras, unha iniciativa da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Alberto Álvarez e que reafirma a aposta do Goberno socialista redondelán pola compostaxe e a protección do medio ambiente.

    A través deste servizo, a veciñanza poderá dispoñer dunha biotrituradora en réxime de préstamo, para desmenuzar ramas de ata 4 centímetros de diámetro e, dese xeito, xerar estruturante para aportar aos composteiros, un material do que é deficitario o municipio redondelán.

    Para darse de alta no servizo, as interesadas e interesados deberán utilizar o formulario que se pode descargar da páxina web do Concello –www.redondela.gal– no apartado de Medio Ambiente. Unha vez cuberta, a solicitude deberá presentarse nos rexistros autorizados do Concello, en Redondela e Chapela, ou a través do rexistro electrónico.

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quen fixo fincapé na importancia da compostaxe “á hora de contribuír á mellora da calidade medioambiental e a redución de custes no tratamento dos residuos sólidos urbanos”, lembrou que as veciñas e veciños que desexen utilizar este servizo de préstamo de biotrituradoras, “non teñen que ser participantes nos programas de compostaxe doméstica”.

    Os aparellos obxecto do préxtamo –cunhas dimensións de 60x100x100 (anchura, longo e altura)– contan cun motor eléctrico e unha potencia mínima de 3 HP e están dotadas con coitelas desfribriladoras e contracoitelas que permiten a corta de produtos leñosos e fibrosos. A maiores, están dotadas de martelos móbiles para a trituración final para follas e ramas (cun diámetro máximo de 5 mm) e setos. A produción aproximada é de 1 metro cúbico/hora.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.