8.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaA Asociación de Empresarios de Redondela crea unha nova oportunidade para participar...

    A Asociación de Empresarios de Redondela crea unha nova oportunidade para participar no plan de emprego

    A Asociación de Empresarios de Redondela anuncia a selección de 100 persoas desempregadas para participar no plan integrado para o emprego que se desenvolverá durante o ano 2022.

    Entre os colectivos deste novo programa compre destacar o número de prazas para os menores de 30 anos con titulación, nun proxecto enfocado a reter e potenciar talento. Pero tamén outros colectivos como mulleres, maiores de 45, menores de 30 sen cualificación e incluso vítimas de violencia de xénero teñen cabida neste programa con reservas de prazas específicas.

    O proxecto tamén contempla itinerarios de apoio ao autoemprego o que abre un importante apoio a posta en marcha de novos proxecto de emprendemento empresarial.

    O 60% da oferta formativa prevista estará baseada no catálogo de especialidades do servizo público de emprego estatal desenvolvida no marco do Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral o que garante unha titulación regulada coa adquisición de competencias, contidos e especificación técnicas tamén reguladas. Ademais, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia das persoas participantes contarán con becas de asistencia.

    Este tipo de programa de acompañamento á persoas desempregadas son unha gran oportunidade para relanzarse profesionalmente e contar cun asesoramento personalizado para trazar os obxectivos profesionais.

    O ámbito  do programa comprende os concellos de Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Sotomaior, Vilaboa, Ponteareas e Vigo, polo que calquera persoa en situación de desemprego destes concellos pode presentar a súa solicitude para participar no programa.

    As solicitudes para participar no programa poden tramitarse a través da web www.empresasredondela.gal ou nos enderezos e teléfonos habituais da entidade:

    Principais Materias del programa

    Neste programa a formación xoga un papel clave para a mellora das competencias profesionais de cada persoa usuaria, e deseñase coa intención de situar as persoas usuarias en mellores condicións de partida tanto para o acceso como para o mantemento do emprego.

    As Novas tecnoloxías da información e a comunicación xogarán un papel crucial en todos procesos formativos.

    O proxecto contará como punto de partida con formación prelaboral, e dicir, aquela dirixida a adquisición de competencias persoais e sociais. Este tipo de formación será administrada como píldoras formativas de curta que terán como obxectivo o posicionamento no mercado laboral, a mellora da autoestima e a formulación dunha busca de emprego activa a través das novas tecnoloxías.

    O programa comprenderá accións de: Información, orientación e asesoramento; Formación transversal en novas tecnoloxía e/ou idiomas; Coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; Prácticas profesionais non laborais en empresas, destacando a capacidade deste programas para adaptarse ás necesidades das persoas seleccionadas e poder orientarse de forma máis eficaz a consecución dos obxectivos de inserción previstos.

    Pola súa banda tamén haberá un Programa de acompañamento á empresas que comprenderá servizos tales como: realización de procesos de preselección, seguimento de persoas incorporadas, fomento e asesoramento en Responsabilidade Social Empresarial, convenios en prácticas, colaboración no deseño e implantación de accións formativas específicas para a cobertura de postos de traballo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.