Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

Licitadas as obras de saneamento e abastecemento da contorna do Pazo de Agrelo en Cesantes

O Concello de Redondela vén de licitar os traballos que, baixo o nome de 'Servizos e Pavimentación na contorna do Pazo Torres Agrelo', permitirá dotar de servizos de saneamento e abastecemento de auga a diferentes núcleos situados na contorna do pazo de Torres Agrelo. Os traballos, incluídos no Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, contarán cun investimento de 434 804,76 euros.

Redondela e Chapela recuperan o desfile de Comparsas e Enterro do Berete

Redondela e Chapela son, neste 2022 que acaba de comezar, o reflexo dunha certa normalidade ao recuperar o Desfile de Comparsas e Enterro do Berete, respectivamente, no Entroido. Logo da suspensión das actividades na rúa no pasado 2021, o concello volve a retomar unha das súas celebracións máis tradicionais aínda que mantendo as medidas e normas de seguridade sanitaria que marcan as autoridades competentes na materia.

O Plan ReacPon da Deputación impulsa a esperada transformación da Picota en Redondela

A veciñanza de Redondela poderá desfrutar dunha gran transformación do espazo público na rúa da Picota, que integrará no seu trazado as prazas de Fonte do Mouro e da Capela de Santa Mariña para crear unha zona continua, segura, accesible e onde o tránsito peonil será protagonista. Esta grande actuación será posible co Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra, cuxo convenio asinaron hoxe a presidenta provincial Carmela Silva e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

O Concello de Redondela segue sen ter información oficial da Xunta de Galicia sobre o parque eólico en Reboreda

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asegurou onte que o Concello de Redondela “non ten ningún tipo de notificación, informe ou comunicación oficial” sobre a instalación dos aeroxeneradores que a Xunta pretende situar nos montes da parroquia de Reboreda, no límite co veciño concello de Pazos de Borbén.

O Concello cualifica de “intolerable” o silencio da Xunta sobre o Bacharelato de Artes de Redondela

O pasado 22 de setembro, o Parlamento de Galicia aprobaba, por unanimidade, a inclusión no proceso de prematrícula do Bacharelato de Artes de Redondela, proceso que estaría en todo caso suxeito á demanda que tivesen estes estudos.

Redondela dá un paso máis cara o futuro coa contratación dos traballos para a realización dunha Axenda Dixital

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Novas Tecnoloxías, que xestiona Olga García Ballesteros, vén de adxudicar á empresa Cinfo Contenidos Informativos Personalizados, a contratación da creación dunha Axenda Dixital, traballos que contarán cun orzamento de 11.616,00 € (IVE incluído).

Redondela esperta o interese dos profesionais do sector turístico presentes en Fitur 2022

“Redondela está de moda” afirmou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas que, acompañada pola concelleira de Turismo, María Castro, participou na presentación da oferta turística do municipio no marco da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2022.

O Concello acomete a mellora da rede de saneamento no camiño ‘Monte do Cuco’

O Concello de Redondela iniciará proximamente as obras de renovación de servizos e pavimentación da zona sur do camiño Monte do Cuco, entre as parroquias de Cesantes e Redondela.

Redondela aproveita o escaparate de FITUR para dar a coñecer o seu potencial turístico

O Concello de Redondela estará presente na Feira Internacional de Turismo, Fitur 2022, para dar a coñecer nesta cita –unha das de máis relevo de Europa e que mañá abre as súas portas no Ifema de Madrid– toda a súa potencialidade turística.

Máis de 200 nenos recibiron formación en igualdade durante o 2021 nunha iniciativa de Érguete e o Redondela

O Concello de Redondela e a Asociación Érguete formaron a máis de 200 nenos e nenas e as súas familias en igualdade durante o ano pasado nos talleres desenvolvidos nos nove centros de educación do municipio e impartidos por profesionais do Equipo de Prevención da entidade.

A Xunta mellorará a Illa de San Simón

A Illa de San Simón e o Museo Massó de Bueu contarán cun investimento de 1,6M € para levar a cabo actuacións de conservación e restauración que promovan o seu uso como recurso cultural sostible.

Meirande mantén un crecemento continuado en número de visitantes pese as restricións da pandemia

As 6903 persoas que durante o pasado ano 2021 visitaron o Meirande –Centro de Interpretación da Batalla e do Patrimonio de Rande– amosan claramente o interese que esta instalación esperta nas persoas que visitan Redondela. Pese as restricións impostas pola pandemia da Covid-19, o Meirande mantén un crecemento continuado no número de visitantes.