Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

Redondela ofrece unha charla sobre o Testamento Vital

O testamentos vitais, ou documento de vontades anticipades, é un escrito no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos que podería precisar no futuro.

Desaloxo nun edificio de Chapela por un incendio

Unha avaría nun cadro eléctrico provocou un incendio nun edificio do Camiño Leitón, en Chapela. O suceso produciuse na tarde do sábado 9 de decembto e, ata o lugar, desprazáronse axentes da Policía Local, Bombeiros de Vigo e Protección Civil de Redondela.

Redondela organiza obradoiros de Nadal

O Concello de Redondela prepara múltiples actividades para a rapazada durante as vacacións escolares de Nadal, con obradoiros do 26 de decembro ata o 4 de xaneiro en horario de tarde.

O redondelán Iago Mera, subcampión de España de Taekwondo

O redondelán Iago Mera, da escola Omnihum, acadou un excelente resultado no Campionato de España de Taekwondo de poomsae. Redondela tivo un representante na selección galega que onte participou na proba estatal por comunidades autónomas.

Detectada unha vertedura nunha zona de monte de Saxamode

Na tarde de onte axentes da Policía Local de Redondela foron requiridos por unha vertedura de augas fecais no monte. Foi unha veciña de San Estebo de Negros a que deu o aviso tras localizar a vertedura na zona de Saxamonde. Axentes da policía deron coa súa orixe nunha arqueta no camiño do Balado.

Redondela propón á Xunta melloras no proxecto de humanización da avenida Mendiño

O Concello de Redondela remitiulle á Xunta de Galicia unha memoria con varias modificacións para a nova avenida Mendiño. O obxectivo destes cambios é o de “axustar o proxecto ás necesidades reais da poboación de Redondela”, segundo explica a alcaldesa Digna Rivas.

Redondela condena a violencia machista cunha concentración institucional

O Concello de Redondela celebrou este mediodía unha concentración como acto de repulsa polo último asasinato machista perpetrado en Galicia. A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que a violencia machista “ten nome e apelidos”.

Unha mestra do CEIP Cedeira entre os finalistas a mellor docente de España

A mestra de primaria, Jessica Rodríguez Piñeiro, foi seleccionada como unha das dez finalistas a mellor docente de España na categoría de Primaria.

Novas prazas para asistir ao FP dual do IES Chapela

Ábrese un período extraordinario de admisión en prazas liberadas do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia na modalidade semipresencial e a distancia dual no IES de Chapela

Abel Caballero, invitado sorpresa ao acendido de Nadal de Redondela

O Concello de Redondela prendeu as luces de Nadal nun evento cheo de música, cor e animación. A afluencia de público foi masiva, cunha praza do Concello ateigada de xente, ao igual que a Alameda e as rúas e prazas do centro da vila.

O Concello de Redondela pon en marcha o Plan Municipal de Voluntariado

O pleno da corporación de Redondela aprobou onte o regulamento municipal de voluntariado, normativa necesaria para poñer en marcha o Plan Municipal de Voluntariado.

A sustentabilidade será a protagonista da campaña de Nadal no comercio de Redondela

Durante todo este mes de decembro poñeranse en marcha unha serie de iniciativas de apoio e promoción do comercio de Redondela. Hoxe comezamos a preparación das decoracións de Nadal.