Sábado, 9 Agosto de 2025

Comarcas

O Concello da Guarda presenta o Plan Estratéxico de Subvencións para o período 21-22

O Concello da Guarda acaba de aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2021-2022, cumprindo así a obriga establecida pola Lei Xeral de Subvencións que establece que os concellos que pretendan outorgar subvencións deben contar previamente co correspondente Plan Estratéxico de Subvencións.

Traballos de limpeza e retirada de especies non permitidas en 10 quilómetros de vías municipais

O Concello das Neves vén de solicitar a inclusión de máis zonas no Convenio con Seaga para a xestión da biomasa das faixas de protección dos núcleos de poboación. Os traballos, que se suman aos que xa se iniciaron nas faixas de Liñares, Tortoreos e As Neves, suman ata 10 hectáreas de execucións subsidiarias, 10 Km de beiras de pistas, e actuacións nos terreos nos que se desenvolverá a aldea modelo.

O Concello reafirma a súa aposta polos mercados de abastos como dinamizadores do comercio de proximidade

Os postos da praza de abastos de Chapela repartirán bolsas de tea ecolóxicas proporcionadas polo Concello de Redondela nunha iniciativa que amosa a aposta do Goberno local polo comercio de proximidade e de calidade contrastada, e que se realizou con fondos europeos dentro da Estratexia DUSI.

A negativa da Xunta a asumir o conservatorio supón un gasto de medio millón de euros anuais para o Concello

A concelleira de Ensino e alcaldesa en funcións, Cristina Fdez. Davila, presentou o balance de 2020 do Conservatorio e Escola de Música municipais. Davila salientou que o custo deste servizo educativo ascendeu a 560.803,06 euros. Desta cantidade, 85.492,97 euros cóbrense coas matrículas e cotas do alumnado mentres que os 474.860,09 euros restantes sufrágaos o Concello cos seus orzamentos e sen ningún tipo de axuda de outras administracións.

O Concello de Tui executou a demolición das antigas oficinas de Cam-Fram na avenida da Concordia

A edificación, sita na avenida da Concordia, un dos principais viais de acceso a Tui, levaba máis de trinta anos nunha situación de estado ruinoso. Estaba composta de dúas unidades físicas, unha xa estaba derrubada parcialmente e a outra aínda se mantiña intacta pero tamén xeraba moito feísmo na zona e tamén atopábase en estado de semiruina.

Baiona confirma que o luns 22 de febreiro retomarase o mercadillo de Sabarís

A Concellería de Comercio e Mercado do Concello de Baiona informa de que, tras a confirmación da boa tendencia á baixa, en canto á incidencia de Covid-19 no municipio, o vindeiro luns 22 de febreiro vai retomar o mercadillo semanal dos luns de Sabarís.

O Concello de Ponteareas oferta un curso en liña de Lingua de Signos (Nivel A1.1)

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, informa que se abre o prazo de inscrición para o curso de Lingua de Signos nivel A1.1. O curso é de balde e totalmente en liña, cunha duración total de 30h das que 20h serán de sesións lectivas en grupo en directo e as 10 horas restantes de actividades individuais e titorías.

Tomiño continúa coas obras de mellora dos seus camiños municipais

O Concello de Tomiño continúa realizando obras de mellora no conxunto dos camiños rurais dentro do Plan Municipal de Mellora de Asfaltados. Recentemente leváronse a cabo novas intervencións para o asfaltado das pistas de acceso ao Freixoal e á Silvosa, nas parroquias de Vilameán e Barrantes, así como no camiño de acceso aos viveiros no barrio do Tollo, en Goián.

O Concello inviste 70.000 euros na mellora de estradas e no equipamento do parque de Pancenteo

O Concello continúa coas obras de mellora de estradas e instalacións en distintos puntos do Rosal. Así, durante as últimas semanas, leváronse a cabo varios traballos de renovación do firme e incorporación de novo equipamento cun investimento total de 70.000 euros que foron subvencionados ao abeiro do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

Protección Civil, Policía Local e Bombeiros atenderon diversas inundacións

O desbordamento do río Louro en varios puntos ao longo do termo municipal, así como os problemas na rede de pluviais, causados polas fortes choivas caídas entre onte e esta mañá, provocaron varias inundacións.

Onte iniciouse a vacinación das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, informaron que ao mediodía de onte comezaron as vacinacións contra a COVID-19 entre o persoal do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, do Concello de Mos. En total serán vacinadas un total de 53 traballadoras. No día de onte recibiron a vacina un total de 30 traballadoras e nos vindeiros días vacinaranse as 23 restantes.

O Concello do Rosal traslada a listaxe das persoas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar para a súa inminente vacinación

A Área de Servizos Sociais do Rosal ven de notificar á FEGAMP as listaxes das persoas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, tanto do servizo que executa o Concello de xeito directo, como do SAF Dependencia a través da empresa adxudicataria do servizo. Deste xeito O Rosal axiliza a vacinación deste grupo poboacional que está a traballar día a día en primeira liña con persoas de alto risco.