7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Concello de Ponteareas oferta un curso en liña de Lingua...

    O Concello de Ponteareas oferta un curso en liña de Lingua de Signos (Nivel A1.1)

    A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, informa que se abre o prazo de inscrición para o curso de Lingua de Signos nivel A1.1. O curso é de balde e totalmente en liña, cunha duración total de 30h das que 20h serán de sesións lectivas en grupo en directo e as 10 horas restantes de actividades individuais e titorías.

    O curso iníciase o 2 de marzo e desenvolverse durante os martes e xoves de marzo e abril, en horario de 18 a 20 horas.

    Poderán acceder á formación todas as persoas maiores de 18 anos e que estean empadroadas no Concello de Ponteareas. Deberán dispor de conexión a internet e de ordenador, teléfono ou tableta con cámara dianteira.

    O prazo para inscribirse comeza o venres 19 de febreiro e remata o venres 26 febreiro. A inscrición realizárase a través do rexistro do Concello de Ponteareas. É obrigatorio indicar un correo electrónico para que o equipo docente poida enviar as ligazóns e contidos do curso.

    “Queremos ofrecer á veciñanza a oportunidade de aprender a lingua de signos dende o seu fogar neste tempos de restricións da mobilidade” sinala Fernando Groba, Concelleiro de Cultura. Ao mesmo, indica que ofertamos este curso co obxectivo de manter ás persoas activas con actividades de lecer positivas que permitan mellorar a súa cualificación profesional ao tempo que se favorece a comunicación coa persoas xordas e a inclusión.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.