16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda presenta o Plan Estratéxico de Subvencións para o...

    O Concello da Guarda presenta o Plan Estratéxico de Subvencións para o período 21-22

    Este Plan Estratéxico de Subvencións establece dúas modalidades de concesión de subvencións: a concesión nominativa e a concorrencia competitiva

    O Concello da Guarda acaba de aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2021-2022, cumprindo así a obriga establecida pola Lei Xeral  de Subvencións que establece que os concellos que pretendan outorgar subvencións deben contar previamente co correspondente Plan Estratéxico de Subvencións. Este plan nace da convicción da importancia do tecido asociativo local e da necesidade de colaborar e impulsar os  proxectos de interese social e comunitario que desenvolven estas asociacións, así se establecen dúas modalidades, a modalidade de  concesión directa de subvencións e a modalidade de concesión por concorrencia competitiva para a realización de actividades de utilidade pública ou de interese social.

    Na modalidade de  concesión directa de subvencións, figuran entidades coma Erguete, Avelaiña ou San Xerome entre as entidades con fins sociais, a Agrupación Musical da Guarda, a asociación das Alfombras Florais entre as culturais e entidades coma o club Balonmán atlético Guardés ou o Sporting Guardés de fútbol entre as deportivas.

    Na modalidade de concesión por concorrencia competitiva entrarían as axudas para a realización de actividades de utilidade pública ou de interese social.

    Nas vindeiras semanas se aprobarán as bases das que sairán as convocatorias para poder concorrer a estas axudas por concorrencia competitiva.

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba quere “destacar o compromiso do concello en seguir facendo esforzos por acercar a colaboración do concello a aquelas entidades que desenvolven proxectos de interese social, deportivo ou cultural. Non se pode entender a nosa localidade sen ter en conta todo o traballo que día a día desenvolven centos de veciños en proxectos comunitarios, que serven para darlle prestixio á nosa vila e posibilitan unha riqueza cultural e deportiva sen parangón. Moitas destas entidades teñen unha importancia estratéxica xa que son referentes nos seus ámbitos. No ámbito social é encomiable a labor desinteresada dos diferentes colectivos da localidade que procuran solucionar situacións de precariedade para moitos veciños”.

    Este Plan Estratéxico de Subvencións tamén vai permitir a valoración dos proxectos das diferentes asociacións e posibilitará unha análise pormenorizada para ir mellorando no tempo  e   permitirá  coñecer se se conseguiron os obxectivos perseguidos en cada unha das liñas das que consta o Plan. As subvencións en xeral implican un retorno do esforzo económico da administración local, que este ano alcanzará os 171.960€, en forma de servizos, de oferta formativa, cultural e deportiva.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.