9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesTraballos de limpeza e retirada de especies non permitidas en 10 quilómetros...

    Traballos de limpeza e retirada de especies non permitidas en 10 quilómetros de vías municipais

    O Concello das Neves vén de solicitar a inclusión de máis zonas no Convenio con Seaga para a xestión da biomasa das faixas de protección dos núcleos de poboación. Os traballos, que se suman aos que xa se iniciaron nas faixas de Liñares, Tortoreos e As Neves, suman ata 10 hectáreas de execucións subsidiarias, 10 Km de beiras de pistas, e actuacións nos terreos nos
    que se desenvolverá a aldea modelo.

    Nestas novas faixas das vías municipais, que xa foron aprobadas pola comisión de seguimento do convenio, realizaranse inspeccións en campo e notificarase aos propietarios das parcelas sen xestionar. Os propietarios contarán cun prazo de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da notificación para xestionar a parte afectada das parcelas. Se pasado ese
    prazo non se actuou nestas, Seaga procederá a realizar os traballos con cargo ao convenio.

    Estes traballos consistirán na roza de mato e a retirada de especies arbóreas non permitidas (piñeiros, acacias, eucaliptos,) nos 6 metros a cada lado das marxes das vías de titularidade municipal aprobadas, para adecualas ás distancias establecidas na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

    No caso de haber madeira de especies que non poidan estar presentes, os propietarios poderán retirala antes de que remate o prazo indicado. Se é Seaga quen finalmente realiza estes traballos a madeira sería decomisada polo convenio.

    As novas zonas incluídas nestas faixas son:
    • Santa Eulalia de Batalláns: Gandarela.
    • San Pedro de Batalláns: Pista principal e zona do torreiro a Guimeráns.
    • Taboexa: Do CIPC ao cruce a zona da Cabreira.
    • Rubiós: Da Ribadeira á Lomba e a zona do Hotel Nande. Do Casteliño ao Lombo.
    • Setados e As Neves: De Garavisco a Barrela.
    • Vide: O acceso a Prado.
    • Santiago de Ribarteme: Da fonte da Ceferina a Ninarellos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.