O Concello de Ponteareas oferta un curso en liña de Lingua de Signos (Nivel A1.1) e, en menos de 48 horas, as solicitudes de inscrición xa case duplican o seu aforo total. Ante tal demanda, a Concellaría de Cultura decidiu organizar un segundo curso coas mesmas características. Ambos os cursos inícianse o 2 de marzo e desenvolveranse durante os martes e xoves de marzo e abril, en horario de 18 a 20 horas, o primeiro, e de 19 a 21 horas, o segundo.
O Pleno do Concello de Redondela debate este martes a incoación do procedemento administrativo para acordar a imposición de penalidades a empresa Urbaser "por incumprimento das prestacións do contrato da concesión administrativa da Xestión do servizo de recollida domiciliaria universal dos residuos sólidos urbanos e o seu transporte".
O Concello de Mos continúa co seu proxecto do ‘Mos Humanizado’ que o equipo de Goberno local presentara como parte do seu último programa electoral e para elo segue avanzando na súa folla de ruta na que marca, como un dos principais obxectivos da administración local, construír o Mos das persoas, con espazos e infraestruturas habilitados para o uso e desfrute da veciñanza.
O Concello de Salceda de Caselas aprobará inicialmente o seu orzamento anual para 2021 na sesión do Pleno Ordinario que se celebrará mañá xoves de xeito telemático, por mor da situación sanitaria. Son as contas máis altas da historia do Concello, e chegan aos 6.001.431,80 €.
O Goberno Municipal sacou adiante onte no pleno a modificación da ordenanza reguladora do estacionamento limitado gratuito que permitirá ampliar a coñecida como “zona azul” a novas rúas e lugares e a novos horarios.
O Concello da Guarda porá en marcha nos próximos días un proxecto para a mellora estética das zonas verdes existentes na estrada de circunvalación ao seu paso polo barrio da Cruzada.
Concello de Nigrán, asociación de empresarios Ovalmi e A.V. de Veciños Monteferro-Panxón, rexeitan a decisión de Abanca de pechar a súa única oficina en Panxón a partires do 17 de marzo e demandan á entidade que reconsidere a súa postura, xa que prexudicaría gravemente á veciñanza e empresarios de todo o litoral nigranés.
Esta próxima fin de semana renóvase o Campionato Galego por Clubes 2021 nas categorías absolutas masculina e feminina. A competición detívose na semana do 18 de xaneiro debido á suspensión de todas as competicións deportivas federadas por parte da Xunta de Galicia debido á delicada situación sanitaria. A única xornada disputada foi a primeira do sábado 16 de xaneiro, polo que a segunda quedou á espera de xogarse ata agora.
Galicia celebra hoxe, 24 de febreiro, o Día de Rosalía e a data, en Redondela, énchese de flores e libros a través da iniciativa 'Agasalla un libro e unha flor' impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística co fin de concentrar en esta actividade todas aquelas que non se puideron celebrar por mor da crise sanitaria da Covid-19.
A alcaldesa, Eva García, en presenza do concelleiro delegado de Deportes, David Alonso, asinou este mediodía o contrato de patrocinio do Concello do Porriño co club ciclista Master da Louriña, representado polo seu presidente, Juan José Alvarez Cerdeira.
O equipo de goberno local encabezado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, presentou no Pleno do Concello de Mos celebrado semipresencialmente esta semana a iniciativa de aprobar unha moción conxunta de todos os grupos, de apoio aos traballadores de Pili Carrera.
O Concello de Tomiño continúa a traballar nos labores de mantemento e renovación de todo arboredo municipal de cara a preparar e acondicionar as zonas verdes tomiñesas. Estes traballos comezaron esta mesma semana coa poda habitual dos exemplares situados no Campo da Feira e continuarán coa revisión do resto de árbores situadas en zonas públicas para o seu correcto tratamento, xa que se detectaron algúns exemplares en mal estado e que poden presentar riscos para a veciñanza.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.