10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán reclama a Abanca que manteña a sucursal de...

    O Concello de Nigrán reclama a Abanca que manteña a sucursal de Panxón operativa

    A entidade bancaria anunciou a súa intención de pechala definitivamente o 17 de marzo, feito que deixaría sen ninguna sucursal a toda a franxa litoral da localidade

    Concello de Nigrán, asociación de empresarios Ovalmi e A.V. de Veciños Monteferro-Panxón, rexeitan a decisión de Abanca de pechar a súa única oficina en Panxón a partires do 17 de marzo e demandan á entidade que reconsidere a súa postura, xa que prexudicaría gravemente á veciñanza e empresarios de todo o litoral nigranés.

    Esta petición, en nome tamén das dúas asociacións, foi trasladada polo alcalde de Nigrán aos máximos responsables de Abanca esta mesma mañá mediante un escrito oficial. Paralelamente, os veciños están a recoller firmas e convocan a unha concentración o venres ás 11:30 horas diante da porta (horario de apertura desta sucursal).

    “Queremos transmitirlle oficialmente a nosa fonda preocupación polo peche da oficina da súa entidade en Panxón. Estamos a falar dunha parroquia na que viven, de xeito habitual, case que 4.000 veciños e que en tempada estival alcanza os 20.000, polo que a existencia dunha oficina de Abanca non é só necesaria, senón imprescindible. O seu peche suporá un grave problema para os moitos visitantes que se achegan a Nigrán/Panxón pero, sobre todo, para o seu empresariado e o sector hostaleiro en particular, inquedanza que nos trasladan tamén desde a Asociación de Empresarios Ovalmi. Igualmente, suporá un inmenso inconveniente para os maiores que perciben aí a súa xubilación, como sinalan desde a Asociación de Veciños Monteferro-Panxón”, sinala o alcalde, Juan González, no seu escrito.

    Esta é a segunda vez que Abanca anuncia o peche da súa oficina na rúa Mariñeiro 1, xa o fixeran no pasado  mes de xullo rectificando despois ante a petición do Concello e veciños e acordando cos mesmos reducir o horario de atención de 11:30 a 14:30 horas.

    “Con este peche todo o litoral de Nigrán queda sen entidades bancarias, reducíndose no caso de Abanca ao  centro urbano, isto xenera un trastorno no día a día dos veciños que non se xustifica nin por criterios económicos”, considera o rexedor.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.