16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoAsinado o contrato de patrocinio do Concello co club ciclista "Master da...

    Asinado o contrato de patrocinio do Concello co club ciclista “Master da Louriña”

    A alcaldesa, Eva García, en presenza do concelleiro delegado de Deportes, David Alonso, asinou este mediodía o contrato de patrocinio do Concello do Porriño co club ciclista Master da Louriña, representado polo seu presidente, Juan José Alvarez Cerdeira.

    A achega municipal será de 15.000 euros para esta entidade deportiva que ten 110 licenzas para esta tempada.

    Manteñen 5 equipos en categorías elite e sub 23 masculino e feminino; en alevíns femininos; na categoría máster (veteranos) e a nova formación de “mountain bike” para categoría BTT-XCO.

    Esta campaña competirá baixo a denominación “La Sal Cocinas Louriña”, despois do acordo con esa firma, como principal patrocinador privado.

    A escuadra porriñesa dispón entre os seus principais baluartes con Aida Valiño, Uxía Fernández, Carla Guisande, Elsa Pena e en homes con Gustavo Rodríguez e Anxo Lorenzo.

    Presentación do equipo ciclista

    Na recente presentación do equipo para esta tempada, o presidente do Master da Louriña subliñou o acordo alcanzado co Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para incorporar ao equipo xuvenil feminino a cinco das mozas que se forman neste centro de alto rendemento.  Entre elas a triatleta porriñesa, Carla Guisande.

    Neste ano 2021, o Concello do Porriño adica un total de 476.000 euros en subvencións aos principais clubs do municipio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.