A Casa da Navegación de Baiona reabrirá as súas portas o vindeiro venres, 26 de febreiro, cunha sala de exposicións que levará o nome de Pedro Novalbos. Deste xeito, o Concello de Baiona homenaxea a este distinguido persoeiro dedicándolle a Sala dos Naufraxios que pasará agora a denominarse 'Sala Pedro Novalbos'.
O Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas apoiou por unanimidade este martes a iniciativa do BNG para instar ao Congreso á transferencia da titularidade da AP9 a Galicia e á rebaixa inmediata das peaxes. O concelleiro do BNG Miguel Bouzó sinalou que “a historia da AP-9 é a crónica dun saqueo legalizado e da discriminación con Galiza por parte dos diferentes gobernos do PP e do PSOE".
O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, adiantou a intención do goberno local de peonalizar a rúa Escritor Manuel Domínguez Benavides, onde se ubica a Escola Infantil Municipal. O edil explicou que se trata dunha previsión contida no Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel de Ponteareas que se pode levar xa a cabo.
O Concello de Redondela, a través das Concellerías de Igualdade e Ensino, que xestionan a alcaldesa Digna Rivas e Olga García, respectivamente, desenvolverá mañá venres un encontro online que, baixo o nome de 'As mulleres tamén somos ciencia' busca animar ás mozas a optar polos estudos científicos e técnicos. A actividade está dirixida ao alumnado de 4º da ESO dos catro institutos redondeláns –preto de 200 alumnos e alumnas– que terán que elixir o tipo de bacharelato a cursar no vindeiro ano.
O alcalde de Nigrán, Juan González, recibíu esta mañá a dúas traballadoras de ‘A Galiña Azul’ da localidade, en folga pola fixeza dos seus postos de traballo, ante a convocatoria da Oferta Pública de Emprego do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, entidade dependente da Xunta de Galicia.
Un dos principios que sempre defendeu AER foi a renovación dos seus cargos no Concello durante o mandato de 4 anos.
Durante o período electoral, AER manifestou claramente que, aínda que non estivese na oposición, ía manter esta mecánica na medida do posible
O Concello da Guarda, en virtude das medidas de restrición adoptadas por sanidade fronte ao coronavirus COVID-19 e, trala mellora da incidencia acumulada, adoptou retomar a actividade do mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 27 de febreiro.
Abrir a porta ás novas xeracións aos diferentes mundos que se ocultan entre as páxinas dos libros e motivar o seu gusto pola lectura é o obxectivo de “Abrindo portas. A lectura ten o poder de transformar”, que o departamento de xuventude pondrá en marcha este próximo venres e que se desenvolverá mensualmente.
Éxito absoluto do acto de conmemoración do Día de Rosalía programado para este domingo 28 de febreiro ás 18.00 horas no auditorio municipal do Rosal. Xa están esgotadas todas as entradas dispoñibles para desfrutar da actividade, para a que era necesaria inscrición previa dado o aforo reducido co que contará.
Onte celebrouse no Concello da Cañiza, un pleno extraordinario solicitado por parte do Partido Popular, para pedir ao goberno local, que leven a cabo varias iniciativas para axudar económicamente aos autónomos, comercios e hostalería local.
A pandemia da COVID-19, que segundo os expertos viu para quedarse, fai preciso que os Concellos reformulen determinadas ordenanzas de cara a incentivar a actividade económica. Dentro desa liña de actuación o Goberno local de Redondela levará a Pleno unha proposta da Concellería de Economía e Facenda para modificar a ordenanza fiscal que regula a taxa por licenza de apertura de establecementos.
O Concello de Tomiño levará a vindeira semana a pleno a ordenanza que regulará o servizo municipal de préstamo de biotrituradoras, que se porá en marcha co obxectivo de fomentar entre a veciñanza unha correcta xestión dos residuos de orixe vexetal xerados no ámbito doméstico. A través deste sistema de préstamo porase a disposición de tomiñeses e tomiñesas biotrituradoras eléctricas e outras accionadas por motor de combustión.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.