O Concello de Arbo, para frear a expansión da vespa asiática, emprendeu unha campaña de loita e erradicación deste insecto pondo a disposición dos veciños e veciñas un total de cincoenta trampas e 100 botes de cebo. O Concello que preside Horacio Gil considera frear a expansión da vespa asiática "unha tarefa prioritaria", xa que este insecto invasor incrementou a súa presenza en Galicia desde o ano 2014 .
O importe total das subvencións nominativas concedidas polo Concello da Guarda a entidades de carácter social, cultural ou deportivo acada un total de 116.400 €. Así 17.100€ van destinados a entidades de carácter social; 29.300 € para as relacionadas coa Cultura e 70.000 € para as entidades deportivas.
A Casa da Navegación de Baiona conta nas súas instalacións cunha nova peza de alto valor histórico grazas á entrega, por parte de dúas cuidadanos baioneses, dunha áncora lítica. Trátase dunha áncora de granito que foi recuperada dos fondos mariños do municipio, –na zona da Carral en Cabo Silleiro– o pasado mes de novembro polos mariscadores José M. Durán Vicente e Iván González Rodríguez. A peza foi descuberta polo mergullador Iván González mentres faneaban ao ourizo.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, visitou e repasou cun dos técnicos da empresa adxudicataria as obras de modernización do alumeado público que se están a desenvolver en Valeixe. Os traballos comezaron no pasado mes de abril e permitirán a substitución de 298 luminarias –44 en Taín, 46 en Barreiros, 17 en Chans, 27 en Abelán, 37 na Cruz, 17 en Paradela, 18 en Lameira, 38 en Cabo de Vila-Raxeira, 24 na Laranxeira, 15 na Chan e 6 en Carracedo–. Todas as luminarias son do modelo Laia de Isosi de 30 watios capaz de proxectar unha luz branca a 130 luminos/watio, de clase 2 en ador 4000K.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, vén de expresar, unha vez máis, a súa postura contraria respecto a instalación dun parque eólico na Serra da Groba. O rexedor baionés quere deixar clara a súa oposición "a unha instalación que afectará ao monte de Baíña" xa que, lembra "un dos proxectos de execución está ideado no lugar coñecido como O alto da mata desta parroquia baionesa.
Con motivo das celebracións en torno ao Día do Libro e do Libro Infantil as Bibliotecas Municipais de Redondela distinguiron, como en edicións anteriores, aos lectores, menores e maiores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo no pasado ano, atendendo aos datos que rexistraron as súas estatísticas.
O Centro Municipal de Remo do Concello de Tui vén de renovarse interiormente cunha achega de 58.000 euros da Deputación. As obras consistiron na climatización e renovación de aire, incluíndo a medición dos niveis de CO2 e a substitución completa do pavimento. Supoñen a terceira mellora destas instalacións dende o ano 2015, sempre con financiamento do Plan Concellos, e unha achega total que supera os 150.000 euros.
O vindeiro sábado día 15 continúa a programación do mes de maio ás 20:00h no Centro Cultural coa representación teatral de “32M2 – Unha xira confinada”. Esta obra de teatro, creada pola plataforma ButacaZero, trata sobre o absurdo do confinamento.
O Consello da Infancia de Tomiño, Voces Novas, participou este xoves nunha reunión telemática promovida por UNICEF xunto con representantes de organismos homónimos de concellos galegos como Teo, Cabanas, Moeche, Redondela, O Porriño, Moaña e Castrelo de Miño. Alejandro Pereira e Alejandra Villa, representantes tomiñeses de 11 e 12 anos respectivamente, trasladaron xunto con outros 14 nenos e nenas as súas inquedanzas e propostas ao director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre.
O cociñeiro de Larpeiros, Benigno Campos, será o invitado de honra no showcooking que o domingo se desenvolverá na carpa situada diante da Casa do Concello de Redondela e dentro das actividades das Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela.
Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias, o Concello de Salvaterra de Miño conta con dúas actividades, unha presencial –Unha tarde con Xela– e outra en liña –Caderno de Xela Arias para facer o meu conto–, dirixidas aos nenos e nenas do municipio.
O Concello de Nigrán iniciou esta semana, coa colaboración da Comunidade de Montes, unha nova fase de escavación e musealización do Castro de Chandebrito destinada a conservar, consolidar e restaurar a muralla superior do primeiro recinto (datada no VIII a.C) e cuxa intervención se estima nun mes.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.