Luns, 9 Xuño de 2025

Comarcas

A contorna do Santuario da Franqueira estrea novo alumeado público

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañado pola concelleira do grupo de Goberno María José González e dun técnico da empresa Construeléctric Systems Galicia SL, visitaron as obras de mellora do alumeado público na contorna do Santuario da Franqueira e no que se cambiaron as oito luminarias dos arredores e a iluminación do santuario coa colocación de 10 proxectores de luz. A obra forma parte das melloras do proxecto de reforma integral do alumeado público de Valeixe.

Carlos Blanco, Touriñán, Piedrahita e Lucía Veiga chegan este venres a Nigrán co espectáculo ‘Comicamente’

O Concello de Nigrán ofrece este venres 27 de agosto desde as 22:00 horas no campo de fútbol de Lourido o espectáculo ‘Comicamente’ coa presenza dos monologuistas Carlos Blanco, Luis Piedrahita, Xosé A.Touriñán e Lucía Veiga como mestra de cerimonias, ademais de DJ Toccororo como encargada da música en directo. As derradeiras entradas están á venda a través de Ataquilla con prezos entre os 15 e 20 €.

A reforma da praza do Calvario do Rosal obtén a subvención Ágora da Deputación coa máxima puntuación en varios puntos da convocatoria

A reforma da praza do Calvario, un proxecto que suporá a mellora e remodelación integral do núcleo urbano do Rosal, acaba de obter a subvención Ágora da Deputación de Pontevedra. O proxecto presentado polo Concello obtivo a máxima puntuación en varios puntos da convocatoria, e foi o terceiro que recibiu máis puntos entre os 31 municipios que recibiron a axuda.

A Xunta de Galicia segue evitando afrontar os problemas sanitarios da Guarda

Nun clima de crispación xeneralizado da cidadanía ante un evidente deterioro da Atención Primaria, puidera puidera parecer que A Guarda non é máis que outro municipio que se suma ás reclamacións, tan xustas como necesarias, de unha sanidade digna para a súa veciñanza. Pero, se se analiza con máis detemento, chégase á conclusión que o municipio ten unhas características particulares, determinadas pola súa propia situación xeográfica, que fan moito máis evidentes esas carencias sanitarias e, como consecuencia, moito máis perigosas.

Mondariz abre a inscrición para unha nova edición da proba de orientación nocturna por equipos ‘Orienta-Tea’

Esta semana comezou o período de inscrición para ORIENTA-TEA 2021, unha proba de orientación nocturna para persoas maiores de 16 anos que se organiza no Concello de Mondariz desde 2016 con gran éxito de participación. Este ano está programada para o 11 de setembro, a partir das 21:00 horas.

A Xunta sanciona á residencia de maiores de Ponteareas por prestar servizos a persoas desatendidas pola propia administración autonómica

O Concello de Ponteareas “lamenta profundamente” as sancións impostas pola Xunta de Galicia á residencia de maiores do municipio. O Goberno autonómico alude que o centro “acolle a usuarias e usuarios dependentes candos as prazas son para persoas con autonomía”, pero o que “non consideran é que estas persoas non teñen outra alternativa asistencial”, denuncia a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

Sabela Losada presenta o seu contacontos este xoves ás 12.00 h na Biblioteca Municipal de Ponteareas

A Biblioteca Municipal de Ponteareas acollerá o vindeiro xoves ás 12.00 horas un espectáculo de contacontos da man da artista Sabela Losada. Os nenos e nenas que asistan poderán xogar a 'O xogo das escritoras', unha divertida oca no que amais de subir e baixar polo taboleiro, as persoas participantes buscarán nos libros da biblioteca, escribirán, debuxarán e espremerán os miolos para superar as actividades propostas, relacionadas coa literatura escrita por mulleres.

Volve a música aos Xardíns do Centro Cultural da Guarda

Este venres día 27 de agosto dará comezo a edición 2021 Música nos Xardíns, a programación coa que o Concello da Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna, que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos.

Redondela acada unha subvención para a dixitalización de fondos do fotógrafo Fot’sca

O Arquivo municipal do Concello de Redondela vén de recibir unha subvención de 46.757 euros para a dixitalización de parte do fondo fotográfico de negativos do profesional redondelán coñecido como “Fot’sca”.

Comezan as obras no camiño Cruz – Oural, na parroquia de Fornelos, en Salvaterra de Miño

Veñen de arrancar as obras de mellora do camiño municipal Cruz – Oural, na parroquia de Fornelos, financiadas con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural.

Últimos días para inscribirse no obradoiro de teatro veciñal de Oia

O obradoiro de teatro veciñal de Oia mantén aberto ata final de mes o prazo de inscrición para a súa edición deste ano.

Inician as obras de mellora do firme na PO-510 ao seu paso polo concello do Porriño

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desprazouse ata o concello pontevedrés do Porriño para supervisar o inicio das obras de mellora do firme na PO-510.