13.9 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaA contorna do Santuario da Franqueira estrea novo alumeado público

    A contorna do Santuario da Franqueira estrea novo alumeado público

    O alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañado pola concelleira do grupo de Goberno María José González e dun técnico da empresa Construeléctric Systems Galicia SL, visitaron as obras de mellora do alumeado público na contorna do Santuario da Franqueira e no que se cambiaron as oito luminarias dos arredores e a iluminación do santuario coa colocación de 10 proxectores de luz. A obra forma parte das melloras do proxecto de reforma integral do alumeado público de Valeixe.

    A colocación dos novos báculos da contorna do Santuario da Franqueira contou coa autorización de Patrimonio e  a cor bronce das luminarias ten a aprobación do  Bispado de Tui-Vigo por armonizar coa pedra da edificación.

    Luis Piña que a instalación destas novas luminarias forman parte do proxecto de humanización desta contorna relixiosa que acolle unha das advocacións marianas máis antigas de Galicia na imaxe da Virxe da Franqueira.

    A obra consistiu na retirada e sustitución das luminarias antigas por 8 novos báculos troncocónicos de 6 metros de altura, modelo SAL D60, en aluminio color bronce e sistema de luz LED cor 4000 de 35W de potencia. As novas luminarias están situadas na beirarrúa lateral da Igrexa e na baixada aos servizos. Ademáis contan coa aprobación do Bispado de Tui-Vigo.

    Tamén se conseguiu iluminar o propio Santuario coa colocación de dous proxectores de luz LED de 50W para resaltar a fachada e o Pórtico no que se representa a Adoración dos reis Magos.  Ademais se instalou un proxector en cada un dos laterais, dous máis no campanario e outros dous iluminando a última cúpula do Santuario. Unha actuación que contribue a resaltar un dos legados arquitectónicos máis importantes do noso patrimonio.

    Por último cambiouse o cableado dende o atrio da Igrexa hacia a baixada aos servizos, eliminando parte do entramado aéreo. Tamén se cambiou a ubicación do cuadro de mando, retirándoo da beirarrúa principal e emplazándoo nun recuncho resgardado dunha das rúas adyacentes.

    Esta  obra forma parte das melloras do proxecto de reforma integral do alumeado público de Valeixe que comezou en abril deste 2021, cun investimento que supera os 463.000 €, financiada entre o IDAE (instituto de Diversificación do Aforro Enerxético) do Goberno de España e o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 2020 e que permitiu sustituir o 100 % do alumeado público antiguo e deficiente da parroquia de Valeixe  por unha moderna instalación eléctrica.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.