Mércores, 28 Maio de 2025

Comarcas

Patrimonio informa favorablemente o proxecto de humanización da Avenida de Portugal de Tui

O proxecto de humanización da Avenida de Portugal no tramo comprendido entre a vella Ponte Internacional e o cruce coa N-550 continúa avanzando na súa tramitación. En concreto a Dirección Xeral de Patrimonio resolveu autorizar as obras do Proxecto de construción de adecuación e mellora da seguridade viaria na estrada N-551 pk 1+400 a 1+850 coincidente coa traza do Camiño Portugués de Santiago coas condicións e consideracións técnicas indicadas no informe.

O BNG de Arbo, Crecente, Salvaterra e As Neves acorda medidas para a defensa das ‘pesqueiras’

O Deputado do BNG no Parlamento Galego, Luis Bará e os representantes nacionalistas das localidades de Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra de Miño, mantiveron o pasado sábado unha reunión de traballo en Arbo. Na xuntanza destacaron a necesidade da crear plans de actuación que axuden a posta en valor do patrimonio e a promoción de iniciativas que axuden a fomentar o turismo e o comercio da contorna.

O novo skatepark de Tomiño acollerá este sábado a súa primeira competición

O novo skatepark de Tomiño, un dos maiores da provincia e situado na Alameda de Goián, acollerá este sábado a súa primeira competición deportiva. O novo espazo, inaugurado a fin de semana pasada, acollerá a deportistas de todas as idades dentro da xornada Eruptiom Jam.

“Descobre Gondomar, paso a paso”, programa pensado para coñecer e percorrer as parroquias da vila

Gondomar e as súas parroquias teñen moitos recunchos que descubrir e desde o concello ponse en marcha esta fin de semana o programa " Descobre Gondomar, paso a paso”, promovido polo goberno a través da súa concellería de Turismo.

Ponteareas destina case 50.000 euros para manter e reactivar a actividade das casas culturais

Ponteareas non esquece as súas casas culturais. Nun concello con 24 parroquias estas entidades son vertebradoras da cultura e da actividade social moi importantes.

O Mercado de Sabarís retoma as exposicións co fin de dinamizar Sabarís

Uns meses despois da súa inauguración, e tras acoller actividade cultural durante todo o verán dentro da programación “ Baiverán”, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona, o Mercado de Sabarís retoma as exposicións coa mostra colectiva do Grupo Galeoska.

A Clásica Álvaro Pino, un éxito absoluto

Este domingo 3 de outubro, celebrouse a 6ª edición desta marcha ciclodeportiva 'Clásica Álvaro Pino', de carácter non competitivo, organizada pola Asociación Deportiva Cultural Plan C, cun trazado de 110 km, dos cales 30 desenvolvéronse polas estradas do municipio da Cañiza.

O centros escolares de Nigrán, exemplo de sustenibilidad no primeiro encontro nacional de ‘Teachers for the Future’

Os colexios públicos de Nigrán serviron de exemplo de boas prácticas en termos de políticas de sustentabilidade esta fin de semana en Madrid no primeiro encontro nacional de 'Teachers for the Future Spain'.

O Concello do Rosal implícase cunha sociedade máis xusta e sostible

O pleno do Concello do Rosal aposta por un mundo mellor e polo desenvolvemento sostible do municipio e da sociedade en xeral.

A ponteareá Iria Lemos, bronce na Copa de España de natación en augas abertas

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere trasladar os parabéns do goberno local a Iria Lemos, do Club Natación Ponteareas, que vén de completar unha intensa e brillante semana na que acadou importantes logros tanto para a natación ponteareá como para a española.

A unidade móbil de doazón de sangue visita Nigrán o venres 8 e o sábado 9 de outubro

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos visitará o concello de Nigrán este mes de outubro. O vindeiro venres 8 e sábado 9, un autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Concello de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas, o venres, e de 10.00 a 15.00, o sábado, para todas aquelas persoas que queiran acudir a doar.

Movemento Salceda fai un balance positivo dos primeiros 100 días sen alcaldía

O pasado 15 de xuño Loli Castiñeira dáballe paso na alcaldía a Verónica Tourón, dando cumprimento así ao pacto de goberno alcanzado co PSOE para esta lexislatura.