Sábado, 7 Xuño de 2025

Comarcas

“Cinema marabillas” chega a Redondela

A Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela, en Redondela, ofrecerá mañá xoves un espectáculo idóneo para un público familiar, tanto para nenos como para adultos.

Alcaldesa e goberno local retoman as reunións polas parroquias

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou hoxe que mañá retomaranse as habituais reunións do goberno local polas parroquias, tras máis de ano e medio de crise sanitaria da Covid-19.

Suspensión temporal do subministro de auga en Priegue

O Concello de Nigrán avisa da suspensión temporal do subministro de auga en Priegue, mañá día 14 de outubro. O horario previsto do corte será entre as 9:00 e as 18:00 horas.

As Festas de Outuno e do Pilar encheron O Rosal durante a ponte

As Festas de Outono que organizou o Concello do Rosal durante a ponte do Pilar foron un éxito. Cerca dun milleiro de rosaleiros e rosaleiras desfrutaron na céntrica prazo do Calvario das catro actuacións para todos os públicos que se prolongaron de domingo a martes.

O Concello de Nigrán conmemora con Avelaíña o Día Mundial da Saúde Mental

O Concello de Nigrán uníuse á conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental iluminando de verde este domingo 10 de outubro a fachada da Casa Consistorial e acollendo esta mañá na Praza do Concello unha mesa informativa a cargo de Avelaíña para divulgar o traballo que realizan e os recursos que hai na comarca.

Charlas informativas sobre compostaxe este xoves e venres na aula CEMIT de Tui

Explicar o Plan Municipal de Compostaxe do Concello de Tui será o obxectivo das dúas charlas informativas previstas para mañá xoves e o venres na aula CEMIT, na Área Panorámica, a cargo da mestra composteira Sara Luque.

Ledicia Costas visitará o Club de Lectura da Biblioteca de Ponteareas

A escritora Ledicia Costas visitará o vindeiro día 20 de outubro o Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Ponteareas para falar coas persoas asistentes dunha das súas obras máis importantes.

A piscina municipal de Vila Nova de Cerveira retoma a súa actividade con normalidade

Despois de ano e medio pechada ou con actividade restrinxida por mor da COVID-19, a piscina municipal de Vila Nova de Cerveira retomou xa a súa actividade habitual con normalidade.

Baiona reinvindica o seu papel de ligazón entre o universo hispano e o continente europeo e o resto do mundo

Baiona converteuse no escenario da celebración do Día da Hispanidade na Provincia de Pontevedra. A Praza do Concello acolleu o acto protocolario organizado conxuntamente polo Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra.

Nigrán adquirirá un microbús eléctrico para establecer unha liña circular dentro do municipio

O Concello de Nigrán consignará no vindeiro Pleno 320.000 € para a adquisición dun microbús 100% eléctrico que permita establecer unha liña circular dentro do propio municipio.

O Programa Integrado de Emprego mosense aposta pola conciliación nas accións formativas da súa recta final

O VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos atópase na súa recta final, pois rematará o vindeiro 8 de novembro. E nestas últimas semanas o programa atópase volcado en accións formativas plenamente adaptadas á conciliación da vida familiar.

O Concello de Salceda renova as luminarias da vila con tecnoloxía LED

O Concello de Salceda de Caselas vén de realizar o cambio de máis de 200 luminarias da vila por outras novas con tecnoloxía LED, o que suporá unha redución do consumo enerxético do 70% e a redución das emisións de CO2 á atmosfera.