11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosO Programa Integrado de Emprego mosense aposta pola conciliación nas accións formativas...

    O Programa Integrado de Emprego mosense aposta pola conciliación nas accións formativas da súa recta final

    O VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos atópase na súa recta final, pois rematará o vindeiro 8 de novembro. E nestas últimas semanas o programa atópase volcado en accións formativas plenamente adaptadas á conciliación da vida familiar e formativo-laboral dos seus usuarios e usuarias, pois impártense en horario matinal de 09:30 a 13:30 horas para que poidan deixar e recoller na escola aos menores au seu cargo.

    Cómpre destacar que nos dous cursos en cuestión, “Traballo e Liderado en equipo en cociña” e “Operacións básicas en atención ao cliente e CRM” o alumnado é maioritariamente feminino: 12 mulleres e 2 homes, o que representa un 85,71% de alumnas mulleres, todas nais ou avoas con fillos ou netos ao seu coidado.

    Este último tramo do VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, está a ser intenso en canto a accións formativas para os/as usuarios/as. Á volta ás aulas tamén chegou oa Programa Integrado con dúas accións formativas moi innovadoras e pensadas especialmente na conciliación familiar dos/as usuarias/os. Os pasados días 24, 25, 27 e 28 de setemebro, tivo lugar nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos, así como nas instalacións dunha empresa formativa en Vigo, o curso denominado “Traballo e Liderado en equipo en cociña” de 20 horas de duración; no cal, 14 alumnos/as puideron gozar de formación. O tema deste seminario especializado foi un proceso de traballo no que se levaron a cabo procesos de formación baseados no traballo en equipo e liderado a través dos fogóns.

    Ao día seguinte, o mércores 29 de setembro, comezaba un novo reto formativo que leva por título “Operacións básicas en atención ao cliente e CRM” no que se esgotaron todas as prazas e que conta cunha duración de 40 horas impartidas na súa totalidade nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos cun horario adaptado por completo ás necesidades de conciliación do grupo de alumnado formado, na súa maioría, por mulleres do Concello que conocilan a súa laboura formativa coa maternidade.

    Este curso, trátase da segunda edición dunha formación impartida durante o pasado mes de maio que, debido ao éxito que acadou por parte das participantes, e coa motivación de ofrecerlle alternativas a todos os perfís de usuarios/as, se lles brindou desde o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos aos interesados/as.

    Esta formación estase a celebrar desde o día 29 de setembro e alongarase ata este xoves 14 de outubro.  A xestión da relación co cliente ou CRM é unha estratexia para xestionar todas as relacións e interaccións dunha empresa cos seus clientes potenciais e existentes. Un sistema CRM axuda ás empresas a estar en contacto cos clientes, racionalizar os procesos e mellorar a rendibilidade.

    Desde o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos apóstase pola calidade nas accións formativas e por unha adaptación das mesmas ás esixencias do mercado laboral actual e o impacto e relevancia das novas tecnoloxías en tódolos sectores e, por iso, un compoñete importante desta formación é o uso das novas tecnoloxías para o cal o curso se imparte nunha das aulas con equipos informáticos das instalacións da Axencia de Colocación, favorecendo a mellora da competencia dixital das mulleres participantes do mesmo.

    O VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos conta cun total de 100 usuarios/as: 30 persoas pertencentes a colectivos con maiores dificultades como persoas desempregadas con discapacidade, persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) e persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación; e 70 persoas de colectivos como persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas,  persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI),  mulleres desempregadas e persoas desempregadas de longa duración.

    O VI Programa Integrado de Emprego 2020-21 está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia con 250.000 €. O custo total do proxecto é de 313.283,21 €, asumindo o Concello o importe restante.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.