Sábado, 20 Setembro de 2025

Comarcas

O PSOE pon á Cañiza como exemplo de cambio con Luis Piña na alcaldía e anima á veciñanza “a cambiar tamén a Xunta con...

Elena Espinosa, número 1 da candidatura, e Carlos Font, número 2 da lista, insistiron na necesidade de “ir a votar o domingo porque o xiro é posible sempre que a xente non se quede na casa”. A cabeza de lista sinalou que “a mellor proba de que as cousas melloran radicalmente cando o PSOE goberna é o profundo cambio que está experimentando A Cañiza desde a chegada de Luis Piña á Alcaldía”.

A Xunta súmase a celebración do ano Palacios con roteiros, xornadas, visitas e exposicións

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe no Porriño na presentación das actividades impulsadas polo Concello do Porriño para celebrar o Ano Palacios, unha efeméride á que se suma a Xunta de Galicia e que inclúe xornadas, roteiros e visitas culturais a localidades onde o arquitecto traballou e conservan o seu legado.

Case 200 obras de Castelao para desfrutar da obra e pensamento dun dos creadores galegos máis singulares

A evolución da obra artística de Castelao chega a Tomiño. O Mercado Municipal de Tomiño acolle dende o vindeiro 16 de febreiro ata o 17 de marzo a exposición ‘Castelao grafista (facsímile)’, unha mostra realizada en colaboración con Afundaciónque reúne unha ampla selección das múltiples facetas do rianxeiro.

O Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación

O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación do emprego). Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (4 prazas), e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.

O PP celebra en Ponteareas un acto sectorial de Urbanismo coa presenza da conselleira Ángeles Vázquez

O traballo a contra reloxo do Partido Popular ao fronte do goberno municipal conseguiu reverter a situación de caos en materia de urbanismo na vila. Así o aseverou a edil da área, Silvia Fernández, nun acto sectorial que tivo lugar no Centro Artístico Sportivo no que tamén interveu a alcaldesa, Nava Castro e a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez.

Contacontos na Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela

O próximo venres, 16 de febreiro, chega á Biblioteca Municipal de Redondela, da man da Fundación Filomena Rivero Alonso, "Pepa Martín, mariscadora de contos". Pepa é narradora, dinamizadora da lectura e contadora desde hai máis de 20 anos, e tamén unha gran viaxeira, sempre contando e escoitando historias!

Nigrán ofrece un curso gratuito de autodefensa para mulleres

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e en colaboración coa Secretaria Xeral de Igualdade, organiza un curso de autodefensa persoal destinado a mulleres maiores de idade no marco as diferentes accións pola conmemoración do 8 de Marzo, Día da Muller.

Contrato histórico para os traballos de roza en Redondela con dúas limpezas ao ano en todos os camiños municipais

O Concello de Redondela realiza este ano un contrato histórico para os traballos de roza en todos os camiños municipais das súas 13 parroquias. A empresa que se faga cargo do servizo deberá acometer todas as tarefas para manter as estradas e camiños libres de maleza e “en perfecto estado para o seu uso”. Os traballos permitirán tamén cumprir coa normativa de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Os hostaleiros das Neves alertan, “as baixadas de caudal poñen en risco a reprodución da lamprea”

En plena tempada de lamprea dous dos máis recoñecidos restaurantes do Condado Paradanta alertan da escasez da materia prima dun dos pratos máis afamados e aportan vías de solución. Os propietarios dos restaurantes Casa Calviño e O Frenazo, ámbolos dous do Concello das Neves, coinciden en salientar que os cinco últimos anos foron testemuña dun descenso no número de exemplares, sendo o presente ano o que revela peores números.

Federación de ANPAS de Redondela clausura o ‘Taller Pais e Nais Corresponsables’

A Federación de ANPAS de Redondela –formada polos 17 centros de ensino público do Concello de Redondela e Pazos– vén de rematar a primeira edición do Taller de Pais e Nais Corresponsables que se celebrou nos últimos meses cunha alta convocatoria de participantes. A entidade encargada de levar a cabo esta iniciativa pioneira nos centros de secundaria e bacharelato de Redondela foi o Centro de Desenvolvemento da Saúde Comunitaria 'Marie Langer'.

A Guarda contratará a 12 persoas desempregadas a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra

Ao abeiro do Plan Máis Provincia, Liña 3: Activación do Emprego, da Deputación de Pontevedra o Concello da Guarda contratará a un total 12 persoas en situación de desemprego como persoal temporal a xornada completa.

O Concello de Ponteareas cuplica o orzamento destinado ao parque de bombeiros do municipio

A alcaldesa, Nava Castro e o tenente de alcalde, Juan Carlos González, visitaron xunto ao deputado provincial, Alejandro Lorenzo, o parque de bombeiros logo de que a administración local duplicara o orzamento para este servizo de emerxencias. Na actualidade, destínanse 320.000 euros grazas a un novo convenio entre o Concello, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, fronte aos 155.000 euros de anos anteriores.