Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

A información sobre a saúde feminina, protagonista das actividades polo 8M en Redondela

As mulleres representan máis da metade da poboación mundial e, sen embargo, a ciencia ten aínda no s. XXI unha gran débeda pendente coa saúde feminina. Procesos fisiolóxicos como a menstruación ou a menopausa foron estigmatizados ao longo da historia e son os eternos esquecidos das investigacións.

Nigrán estrea este sábado unha feira para dar a coñecer aos seus artistas e emprendedores emerxentes

O Concello de Nigrán continúa a presumir da súa natureza e talento nun mes de marzo adicado case por completo ao seu patrimonio natural e inmaterial. Este sábado estreará a súa primeira Feira da Natureza no Auditorio Municipal para que dez emprendedores e artistas poidan mostrar a toda a veciñanza o seu traballo.

A mostra “Conquistadoras” xa pode visitarse na Alameda Castelao de Redondela

A dous días de celebrar o Día Internacional da Muller, a Alameda Castelao loce xa os cubos da exposición “Conquistadoras”. A exposición, que no mes de abril trasladarase ao paseo de Cardona, en Chapela, reflicte “o compromiso do Concello de Redondela con todas as mulleres que loitaron polos seus dereitos”, explica a alcaldesa Digna Rivas. Referentes históricas como Juana de Vega, María Vinyals ou María Pita comparten protagonismo con mulleres destacadas do panorama actual como a cantante Luz Casal, a xornalista Julia Otero ou a enxeñeira redondelá Xunqueira Ézara.

A Cañiza acolle o 9 de marzo o I Concurso de Mondioring Écan, considerado como o deporte canino máis esixente

O alcalde da Cañiza, Luis Piña e o presidente da Asociación Deportiva Canina ÉCAN, David Conde, acompañados pola tesoreira da Asociación, Olaya Guerrera, presentaron non día de onte o primeiro campionato de Mondioring que se disputará o sábado 9 de marzo nas instalacións do campo de fútbol municipal no COUTO en horario de mañá, de 9 h a 14 h.

Salceda presenta o seu programa máis reivindicativo polo 8M

O Concello de Salceda de Caselas a través da Concellaría de Igualdade que dirixe Selene González, ven de facer público un amplo programa de actividades co gaio do 8M, Día internacional da Muller. Os actos estenderanse ata o mes de xuño con actividades diversas, varias delas realizadas en colaboración coa Asociación Treze Catorze. Trátase do máis amplo programa posto en marcha ata o de agora dende o Concello.

A XI Eurocidade BTT celebrarase o 17 de marzo agardando reunir a 1200 participantes

A XI Eurocidade BTT, que se celebrará o domingo 17 deste mes, aspira a reunir a 1.200 participantes nunha proba única de carácter transfronteirizo. Este evento, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, foi presentado este mediodía polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Arlindo Sousa, o seleccionador da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez, o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas organizadores da BTT, Eduardo Fernández, así como o ciclista local Manuel Bugallo.

Covelo celebra o Día Internacional da Muller

O Concello de Covelo, a través da concellería da Muller que dirixe Fanny Rey, celebra o Día Internacional da Muller coa comunidade educativa e coa veciñanza en distintos actos que perseguen a visibilización do importante papel da muller na economía, na sociedade e na cultura.

O Círculo do Porriño volve a abrir rúas a mulleres destacadas da Louriña nas súas instalacións

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño (CRC) celebra un ano máis o Día Internacional da Muller coa iniciativa 'Mulleres nas rúas'. Cinco mulleres vinculadas ao Porriño e ao propio CRC terán unha rúa co seu nome dentro das propias instalacións da entidade. O próximo xoves, ás 19:00 h, inauguraráse o novo rueiro nun acto aberto a toda a sociedade porriñesa.

Valentina Muíños Valdés, nova centenaria do Concello de Covelo

Alegre, incansable, valente e xenerosa, así describe a Valentina Muíños Valdés o seu neto e concelleiro do Concello de Covelo, Félix Álvarez. Este sábado Valentina cumpríu 100 anos e fíxoo rodeada dos seus, daqueles e daquelas polos que tanto loitou e aos que tanto quere. Naceu un dous de marzo de 1924 na parroquia de Barcia de Mera, Covelo, e como tantos galegos e galegas de aqueles tempos herdou o alcume da familia pasando a ser a "Valentina do Romualdo", herdanza de seu pai Francisco.

O Concello celebra a implicación de toda Redondela a prol do galego

O domingo, día 3 de marzo, rematou en Redondela a campaña 'Semaniña enteira' coa que o alumnado dos institutos Chapela, Floriani e Mendiño se propuxeron falar galego. O seu reto era falalo durante 7 días as 24 h. Para este propósito o Concello de Redondela mobilizou a distintos sectores sociais para contribuír ao uso do galego e animar á poboación a empregar a nosa lingua.

A primavera trae ao Rosal unha intensa programación cultural

Probas deportivas, concertos, actividades reivindicativas, formación e literatura coparán a axenda de lecer rosaleira durante os meses de marzo e abril.

A Guarda ultima ‘Semana Santa Concilia’, a proposta para axudar a conciliar a vida familiar e laboral no período non lectivo

Semana Santa Concilia é a proposta do Concello da Guarda para esta Semana Santa 2024. Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas son de carácter gratuíto e teñen como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo.