O primeiro domingo de abril e no recinto da 'Irmandade' de Valeixe celebrouse a a «II Palillada da Cañiza», unha iniciativa organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Valeixe AMURUVA que contaba coa colaboración do Concello e de establecementos e comercios da Cañiza.
O BNG reaccionou ao anuncio da licitación da redacción do proxecto dun novo mercado en Ponteareas, a instalar na Nave de Aceiros na Avenida de Galicia advertindo que “o cese da actividade no actual Mercado suporá un grave prexuízo a todo o sector comercial do centro da vila, xa que provocará a perda de vitalidade nesta contorna”.
Este pasado venres, día 5 de Abril, o público encheu o Auditorio do Multiusos, para atender o Serán Solidario organizado polo Colectivo Pro Palestino de Redondela, e que xuntou diversas músicas, poemas e danzas sobre o escenario, para reivindicar xustiza para o pobo palestino.
Dende que no ano 2020 a Comunidade de Montes de Salvaterra tramitara a denuncia formal ao Concello pola parcela de Bouza do Viso en Chan da Ponte, e os diferentes actos de conciliación aos que estaba instando a diferentes empresas que desenvolven a súa actividade no Polígono Municipal estaban xerando unha situación de confusión, incertidume e medo entre os empresarios. Esta sentenza pon punto e final a esta situación e reafirma que Chan da Ponte é municipal.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o CEIP Número 2 de Tui, onde se reuniu con varios representantes da ANPA As Olivas con motivo da axuda de case 14.000 euros que a Xunta lles outorgou para o cofinanciamento dos servizos do comedor escolar.
O Concello de Nigrán iniciou o asfaltado de 33 rúas de todo o municipio cun investimento de 515.353,77 a cargo do Plan Concellos 2022. Estes súmanse aos realizados a inicios de ano en 51 estradas das 7 parroquias cun custe de 633.127 € ou ás humanizacións da rúa Mestra Emérita (309.127 €) e Otero Pedrayo (en curso, 1'3 millóns).
Lucenza–Ateneo de Nigrán vén de solicitar oficialmente ao Concello e o Servizo provincial de Costas que este ano se tomen medidas extraordinarias que garantan unha boa xestión medioambiental da festa de San Xoán no areal de Panxón–Area Loura, onde se produce a maior afluencia de persoas e se concentran a maior parte dos impactos negativos sobre os ecosistemas naturais.
O Pleno da Corporación Municipal da Cañiza vén de aprobar, na súa reunión desta mañá, o Protocolo de cooperación transfronteiriza entre os concellos de Arbo, Melgaço, Crecente, As Neves e A Cañiza que permitirá constituir a nova ‘Eurocidade do Miño’.
Durante tres días celebrarase este ano a tradicional e secular Concentración Cabalar de San Telmo na rúa Loureiro, coincidindo coas festas patronais de San Telmo. Esta actividade, que reúne cada ano a miles de persoas, foi gañando nos últimos anos en calidade e seguridade, coma explicaba o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, quen salienta a aposta do concello por este evento no que conta coa colaboración de Hípica Marcos e de Equigalia.
O Concello de Covelo celebra este sábado día 6 a súa Mostra de Produtos de Covelo. Como cada primeiro sábado de mes, e sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, a praza Cerviño do centro urbano acolle esta feira na que se dan cita produtores locais, postos de produtos ecolóxicos e de segunda man, folclore, gastronomía e todo tipo de actividades de lecer pensadas para todos os públicos.
Tomiño continúa a dar pasos no seu compromiso co medio ambiente e a sostibilidade, tamén na xestión de residuos urbanos. Unha delegación municipal composta pola alcaldesa, Sandra González; concelleiros e concelleiras e equipo técnico visitaron varias instalacións da área metropolitana do Porto para coñecer in situ ossistemas de recollida de residuos que se están a empregar e o seu posterior tratamento.
O Concello continúa avanzando no proceso de dotar á parroquia de Ribadetea dunha rede de saneamento que se sitúe á altura das necesidades da veciñanza e somete a información pública o proxecto construtivo da segunda fase que abrangue os núcleos de O Portal de dentro, Barxela e A Barronca. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe o anuncio correspondente.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.