Sábado, 15 Novembro de 2025

Comarcas

O pavillón municipal de Baiona contará con caldeira de biomasa e paneis fotovoltaicos

O Concello de Baiona instalará no Pavillón Municipal de Deportes unha caldeira de biomasa, un sistema pioneiro no municipio. A caldeira do pavillón será a primeira instalación destas características que vai haber no municipio.

A Guarda formará parte dos 23 concellos galegos que conforman o Ciclo Mestre Mateo 2023

No mes de xuño comeza na Guarda o Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que conta coa colaboración das catro deputacións provinciais, para poder amosar o mais novidoso e relevante do cinema nas vilas de Galicia.

A escola de teatro de Nigrán pecha o curso cunha gran gala o sábado

A escola de teatro municipal de Nigrán pechará o curso este sábado cunha gran gala teatral na que os máis de 40 alumnos e alumnas mostrarán as obras nas que levan traballando os últimos dous meses

Nova cita cos curros de Oia, este domingo en Torroña

Este domingo día 4 de xuño celebrarase o tradicional curro de Torroña, que este ano prevé reunir arredor de 600 bestas e 200 poldros. Como vén sendo habitual, esta rapa terá lugar o primeiro domingo de xuño, sendo o segundo da tempada.

Ponteareas alerta sobre a situación do centro de saúde durante as vacacións estivais

O Concello alerta de que o centro de saúde de Ponteareas atópase sumido nunha situación crítica debido á falta de persoal médico, unha situación xa delicada que verase agravada coa chegada das quendas de vacacións para todo o persoal sanitario e facultativo.

A Deputación e Igualarte levan a Gondomar, Redondela e Salceda un espectáculo de danza e teatro

A Deputación de Pontevedra e a Fundación Igualarte, que desde o ano 2002 traballa para que as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de maneira artística, levarán o espectáculo de danza e teatro “HabitarMe” neste mes de xuño a cinco concellos da provincia.

O Porriño avanza na mellora dos parques infantís

O Concello do Porriño avanza no seu obxectivo de acondicionar e mellorar todos os parques infantís. Os traballos, que abranguen 33 zonas de xogo do centro urbano e das parroquias, están a ser acometidos con varias vías de financiación.

Gran concerto musical en Covelo este sábado

Logo do extraordinario concerto do violoncellista Guillermo Pastrana chegan a Barcia de Mera as obras de Falla, Rachmaninov, Schuman, Ligeti, Montsalvatge e Debussy grazas ao concerto musical e recitado “La música en otros cuerpos”.

Tomiño creará un sendeiro peonil no río Pego

O Concello de Tomiño aprobou este mércores en pleno (20.00 h) a sinatura do convenio de colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para a creación dun sendeiro peonil paralelo ao río Pego, un compromiso no que o Goberno municipal leva traballando arduamente no último ano.

Adxudicados os quioscos de praia en Nigrán

O Concello de Nigrán ven de adxudicar os 8 quioscos de praia do municipio por un importe total de 160.480 € con prezos de licitación que oscilaron desde os 34.125 € de Praia América (cifra récord) aos 7.120 € do posto de churros de Lourido.

Última fin de semana das actividades “Vive o Rio Minho”

As actividades ecoturísticas ‘Vive o Rio Minho’ van rematar esta fin de semana cun éxito absoluto de participación, xa que se cubriron todas as prazas ofertadas para cada fin de semana dende finais do mes de abril sempre en apenas minutos.

O CPI Santa Lucía de Moraña visita Mos

O CEIP Mestre Martínez Alonso recibiu o mércores 31 de maio ao CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña, dentro do Programa de Innovación educativa da Xunta de Galicia, Observa_Acción.