19.7 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas alerta sobre a situación do centro de saúde durante as vacacións...

    Ponteareas alerta sobre a situación do centro de saúde durante as vacacións estivais

    O Concello alerta de que o centro de saúde de Ponteareas atópase sumido nunha situación crítica debido á falta de persoal médico, unha situación xa delicada que verase agravada coa chegada das quendas de vacacións para todo o persoal sanitario e facultativo.

    Dos 15 médicos que debería haber no centro de saúde por número de tarxetas sanitarias, na actualidade están en activo 6 e outros catro facultativos de baixa médica e por maternidade.

    Dende verán de 2021 suprimiuse a quenda de tarde e na actualidade máis de 8.000 persoas non contan con médico asignado, o que implica que cada vez que precisan asistencia sanitaria son incluídas en cupos de diferentes profesionais, o que non permite realizar un seguimento axeitado dos doentes. “Esta situación pon en perigo a saúde e a vida dos nosos veciños, xa que non se fai a prevención necesaria nin o correcto seguimento das enfermidades crónicas e cada vez que unha persoa que precisa ir ao médico deben decidir se acudir a urxencias, se lles chega cunha consulta telefónica ou se poden agardar semanas para ser visto por un facultativo que cambia cada vez”, lembra Cristina Fernández.

    A pesar das ofertas anuais de prazas para os novos médicos residentes (MIR) ou traslados, non hai persoal que escolla as prazas vacantes. Unha situación que se agrava tamén coa rotación constante dos traballadores, tamén do persoal administrativo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.