23.5 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaCoveloGran concerto musical en Covelo este sábado

    Gran concerto musical en Covelo este sábado

    Logo do extraordinario concerto do violoncellista Guillermo Pastrana chegan a Barcia de Mera as obras de Falla, Rachmaninov, Schuman, Ligeti, Montsalvatge e Debussy grazas ao concerto musical e recitado “La música en otros cuerpos”.

    Será este sábado 3 de xuño, ás 20 horas, da man do Ciclo de Música de Barcia de Mera que celebra o seu decimoquinto aniversario. Con este motivo o Ciclo de Música ofrecerá novidosos concertos e estreas a nivel nacional. O pasado 29 de abril os madrileños Trío Domaní interpretaron un programa clásico con pezas de Mozart e Brahms para o concerto inaugural, este sábado serán Elisa Martín ao piano, Millán Abeledo ao violonchelo e Luis Baeza recitando os que fagan posible achegarse á música clásica en directo sen saír da súa contorna.

    Estrea

    A famosa actríz Vicky Peña elixíu o Ciclo de Música de Barcia de Mera para estrear “Desarraigo”. O 15 de xullo a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera convertirase no escenario dunha obra de denuncia social na que tomaremos consciencia da situación dos refuxados e dos exiliados. A actríz catalá, preocupada “polo mundo que deixamos” elixe a nosa vila para estrear unha obra cargada de denuncia e de sensibilidade xunto a Orestes Gás.

    Agosto acollerá dous concertos, o de Locus Músicus que traerá sons medievais galaico portugueses e o da Orquestra Sinfónica de Galicia o día 26. A programación desta decimoquinta edición péchase o 16 de setembro con Vox Stellae, que leva acompañando ao Ciclo de Música de Barcia de Mera dende os seus comezos e que este ano cumpren vinte anos dende a súa fundación “e queremos celebralo con eles”, explica Nieves García Sotos que xunto ao Pai Rafael decidiron facer do conxunto abacial de Barcia de Mera o epicentro das persoas amantes da música clásica posibilitando escoitar a voces e músicos de primeiro nivel nesta fermosa contorna.

    O programa atraerá, un ano máis, a centos de apaixoados/as da música clásica ao Concello de Covelo.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.