Luns, 15 Setembro de 2025

Comarcas

O Porriño estuda coa S.D. Mosende as melloras a realizar no campo do Folón

A alcaldesa accidental do Porriño, Lourdes Moure, acompañada polo concelleiro de Deportes, David Alonso, visitou na mañá de hoxe o campo de futbol do Folón para comprobar in situ as melloras demandadas polo presidente e directivos da S.D. Mosende. A principal reivindicación é retirar os postes metálicos que sosteñen as redes para evitar a saída dos balóns tras as respectivas porterías.

Tui contratará, nas vindeiras semanas, aos catro titulados/as do programa ‘O teu primeiro emprego’

O Concello de Tui contratará nas próximas semanas aos catro titulados universitarios e de Ciclos superiores ao abeiro do programa da Deputación “O teu primeiro emprego”. Para iso na actualidade estanse a tramitar as bases reguladoras, que rexerán estes procesos selectivos de Guía de turismo, Xornalista, Técnico en Audiovisuais e Enxeñeiro Técnico Forestal, tras a súa aprobación.

Salvaterra abre a inscrición para os Cursos/Cata da Festa do Viño do Condado do Tea

Salvaterra de Miño vive, estas datas, inmersa nos preparativos da Festa do Viño do Condado do Tea que, con esta, chega a súa 60 edición. Dentro da programación desta festa, o Concello vén de abrir a inscrición para as catas comentadas que, cada ano, contan cun maior número de seguidores.

Tui licita os sete proxectos pendentes do Plan Concellos 2017

O goberno municipal do Concello de Tui vén de licitar os sete proxectos que estaban pendentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra por un importe de 500 mil euros. Estas obras teñen que estar executadas antes do 30 de novembro deste ano, xa que en caso contrario se perderían as achegas da institución provincial.

Nigrán habilita o primeiro espazo de recreo para cans na Ramallosa

O Concello de Nigrán ven de habilitar o primeiro espazo específico de esparexemento para cans do municipio atendendo así a solicitude realizada por un grupo de veciños da Ramallosa. Este atópase no parque Carlos Casares (enriba da piscina mancomunada) e ocupa 350 metros cadrados en forma de 'L' que están deseñados para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa.

As augas da praia de Cesantes, perfectamente aptas para o baño

Os análises realizados no día de onte pola consellería de Sanidade e remitidos ao concello ás 16 horas da tarde de hoxe, indican que a praia de Cesantes é totalmente apta para o baño ao dar uns niveis de Escherichia coli moi por debaixo do límite recomendado.

Redondela pon en marcha o programa de dinamización ‘Vive agosto na praia’

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asistía esta semana á posta en marcha do programa de dinamización nas praias que, baixo o nome xenérico de “Vive agosto na praia” busca ofrecer á veciñanza actividades diversas “para todos os públicos e todas as idades” a desenvolver nos areais de Cesantes e Chapela.

Catro persoas incorpóranse ao cadro de persoal de Tomiño ao abeiro do programa ‘O teu primeiro emprego’

Catro novas persoas incorporaranse nas vindeiras semanas ao cadro de traballadores do Concello de Tomiño, a través do programa da Deputación Provincial, 'O teu...

Ángeles Vázquez e Nidia Arévalo avanzan na próxima adhesión de Mos ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

O Concello de Mos sumarase proximamente ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. Este foi un dos principais asuntos que abordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, durante a reunión de traballo que mantiveron na mañá do venres 9 de agosto.

O Concello da Guarda pide a colaboración cidadá para respectar o patrimonio do Monte Santa Trega

O Concello da Guarda vén de pedir a colaboración cidadá para que, con motivo das Festas do monte, veciñanza e visitantes "respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas".

Nigrán recibe aos dous nenos saharauís que pasan o verán con familias do municipio

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu esta mañá aos dous nenos saharauís que están pasando este verán en Nigrán con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro.

O hóckey rexurde en Ponteareas

Despois dunha década de inactividade, o Hóckey Club Ponteareas rexurde para facer deste deporte algo máis que un entretemento e rememorar así os tempos nos que se practicaba no parque do Tea competindo no Campionato de España.