Luns, 15 Setembro de 2025

Comarcas

As Neves destina o superávit a obras de mellora dos accesos e alumeado de todas as parroquias

Tal e coma anunciara, o Goberno local de As Neves comeza a destinar o superávit de 2018 do Concello á realización de obras en todas as parroquias, empezando pola mellora dos accesos e do alumeado.

O PP de Nigrán alerta sobre “o incontrolado” aumento de autocaravanas nas praias

O Partido Popular de Nigrán vén de advertir "do aumento incontrolado de autocaravanas que literalmente invaden os principais aparcamentos dos areais do municipio durante este verán". O portavoz popular, Carlos Abal, incide en que "é de total necesidade" que leve a cabo unha regulación real da situación".

O BNG alerta sobre a “calamitosa” situación dos centros de saúde de Redondela e Chapela

A situación que se está a vivir nos centros de saúde de Redondela e Chapela, é considerada dende o Bloque Nacionalista Galego, como “calamitosa”, situación que se ve agravada nos meses de verán. Lonxe de respostar ás necesidades sanitarias da Atención Primaria, o servizo atópase conxestionado, sen que os responsábeis da Área Sanitaria de Vigo lle busquen solución.

Alegación conxunta da Mancomunidade do Baixo Miño ao proxecto de transporte de viaxeiros

Os concellos da mancomunidade do Baixo Miño (Tomiño, Tui, O Rosal e A Guarda) acordaron presentar unha alegación conxunta ao proxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada que neste momentos atópase en trámite de audiencia.

A Guarda inaugura este domingo a mostra «Arquitectura en porispán»

Este domingo día 18 de agosto a Casa dos Alonso acolle a inauguración da Exposición «Arquitectura en Porispán», contando con varias obras de Ramón González González, baixo a organización de Infomaxe coa colaboración do Concello da Guarda.

Redondela acometerá un plan “de urxencia e provisional” para permitir o acceso ao novo Colexio Igrexa

O Concello de Redondela acometerá un “Plan de Urxencia” para permitir que o novo colexio Igrexa de Chapela poida comezar con normalidade o curso escolar logo de saberse que, por parte do anterior Goberno do PP de Javier Bas, toda a tramitación precisa para realizar o novo acceso, de competencia municipal, “levaba paralizada dende o 2018 sen informar a ninguén desta circunstancia”.

Ponteareas abre o prazo para as propostas do Plan de Mobilidade Sustentable e Accesible

O concello de Ponteareas informa que abre o prazo para presentar as propostas para a redacción do Plan de Mobilidade Sustentable e Accesibilidade nos espazos públicos do concello. O Plan deberá recoller as actuacións a curto, medio e longo prazo destinadas a implementar formas de desprazamento máis sustentable dentro do termo municipal de Ponteareas.

O Porriño asegura que a empresa encargadas das rozas “realízanse axeitadamente”

O Goberno Municipal de Porriño asegurou hoxe que "dispón de informes técnicos" que acreditan que a empresa Ascan, concesionaria do servizo, "está a realizar axeitadamente as tarefas de rozados que o Concello contratou con esa firma". O Goberno local baséase nos informes –requiridos pola Alcaldía– de dous técnicos municipais, "o encargado de obras e o enxeñeiro".

O goberno municipal de Caminha visita O Rosal

O Goberno da Câmara de Caminha, encabezado polo seu presidente, Miguel Alves, visitou no día de onte o Rosal onde foron recibidos polo goberno rosaleiro coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís ao fronte. Na xuntanza de traballo mantida polos dous gobernos locais, comezaron a establecerse os puntos en común "para vertebrar unha relación con vínculos sólidos entre ambas beiras do Miño".

Mos aspira a converterse nun municipio “pioneiro en igualdade”

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, veñen de reunirse en Santiago de Compostela coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, unha xuntanza incluída na rolda de visitas que a rexedora local iniciou hai uns días co goberno de Galicia.

A Guarda ofrece, na fin de semana, visitas guiadas, música e exposicións

Como se fora preciso buscar algunha excusa para achegarse a un lugar fermoso como poucos, que é A Guarda, o Concello ofrece unha fin de semana chea de actividades para toda as idades nas que a música, as visitas guiadas e as exposicións, teñen un lugar destacado. Se a iso unímoslle unha feira de oportunidades, o plan xa está feito

BNG Ponteareas: “Puxemos fin a 17 anos de parálise urbanística provocada pola dereita”

O BNG de Ponteareas, a través do seu concelleiro Roberto Mera, salientou que coa aprobación do PXOM “poñemos fin a 17 anos de parálise urbanística provocada pola dereita” e acusou ao PP e ACIP de “antepoñer os seus intereses políticos aos de Ponteareas, opoñéndose ao PXOM e anunciando recursos xudiciais”.