Domingo, 14 Setembro de 2025

Comarcas

O Festival Groba trasládase á residencia de maiores ‘Santa Ana’ de Ponteareas

Mañá mércores día 21 de agosto, o Festival Groba viaxa á residencia de maiores Santa Ana para ofrecer un concerto ás 11:30 horas e achegar a música clásica e o espíritu do festival á persoas maiores con dificultades de mobilidade.

Ponteareas clausura o obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós’

A alcaldesa accidental de Ponteareas, Cristina Fernández; a concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, clausuraron na mañá de hoxe o obradoiro de emprego 'Coidar de Nós' acompañados do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e do xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

O Porriño leva retirados preto dun cento de niños de velutinas dende xuño

No que vai de verán, retiraronse no Porriño perto dun centenar de niños de velutinas tanto no centro urbano como nas diferentes parroquias do termo municipal en coincidencia coa época estival.

Santos Héctor supervisa en Mondariz as obras de mellora dos campos municipais da Lagoa

As obras para a dotación e mellora de infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa, en Mondariz, entran no tramo final de execución, estando previsto que estean rematadas a finais do mes de setembro. O proxecto está financiado na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra con 529.962,31 euros ao abeiro do Plan de Reequilibrio e do Plan Concellos.

Máis de 50 participantes no VII Certame de Pintura ao Aire Libre ‘Antonio Fernández’ de Tomiño

O pasado domingo celebrouse a sétima edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández con máis de 50 participantes procedentes de diferentes lugares. As obras premiadas foron unha vista de Cerveira dende a praia fluvial de Goián da autoría de Rafael Carrasco de Toledo que se fixo co primeiro lugar. Os segundos e terceiro premios foron para Leticia Gaspar de Bilbao e para Antonio Lorenzo de Mondariz.

Redondela iniciou, na pasada semana, a limpeza e rozado dos camiños de titularidade municipal

O pasado martes 13 o Concello de Redondela comezou cos traballos de limpeza e roza das cunetas e camiños, nas parroquias de Saxamonde, Quintela e Reboreda, mentres que onte luns 19, a empresa encargada do Lote 2 comezou o desbroce nas parroquias de Ventosela, Cesantes e O Viso. Progresivamente ao longo da semana estánse a iniciar os traballos no resto das parroquias do municipio.

Nigrán mellora a rede de abastecemento na contorna do Seixo

O Concello de Nigrán ven de renovar por completo a condución do abastecemento de auga na contorna do Camiño do Seixo (Panxón) como paso previo ao asfaltado desta e outras catro vías da parroquia cun investimento total de 54.050 € con cargo do Plan Concellos 2019.

Autos González reforza a liña Vigo-Redondela para o ‘Entroido de Verán’

A empresa de transporte de viaxeiros por estrada Autos González vén de anunciar o reforzo da liña Vigo–Redondela con motivo do Entroido de...

A Deputación leva a súa campaña de igualdade ao ‘Entroido de Verán’ de Redondela

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, levará a súa campaña de igualdade 'EUDECIDOTIRESPECTAS' ao Entroido de Verán de Redondela, que se desenvolverá esta próxima fin de semana. Máis polo miúdo, a institución provincial instalará un punto morado de información sobre as agresións sexuais o día 24 de agosto, na praza do Concello, que estará operativo desde ás 17 horas ata as dúas da madrugada.

Preto de 200 deportistas converten a Freixa nunha auténtica festa da natación

Preto de 200 nadadores e nadadoras déronse cita este pasado domingo, 18 de agosto, na Freixa en Ponteareas para converter as augas do Tea nunha auténtica Festa do Deporte. A cuarta edición da 'Travesía a Nado Vila do Tea', organizada polo Club Natación Ponteareas e a Federación Galega de Natación, bateu récord de participación e consolídase como un referente do Circuito Galego de Augas abertas do sur de Galicia.

Redondela solicita a Augas de Galicia que realice o mantemento

O Concello de Redondela comezou este luns a limpeza das marxes do río Alvedosa no seu tramo máis urbano, é dicir, o comprendido entre a 'Casa da Torre' e o campo da Feira. A Concellería de Medio Ambiente dá resposta así a diversas solicitudes de veciños e veciñas que pedían a retirada da maleza. En todo caso, a limpeza do cauce do río "non se acometerá ata o outono, por recomendación tanto das técnicas do Concello coma de Augas de Galicia”, explica o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar.

Tui acolle, en outubro, dous cursos gratuítos de Prevención de Riscos Laborais na Construción

O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción oferta dous cursos gratuítos de prevención de riscos laborais. Celebraranse na segunda quincena do mes de outubro no Centro Municipal de Formación en Guillarei.