Xoves, 17 Xullo de 2025

Comarcas

Arbo rehabilitará unha das antigas vivendas dos mestres de Cequeliños

O Concello de Arbo vén de dar conta da recepción dunha achega de 8.269 € do IGVS, adscrito á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, para rehabilitar unha das vivendas de mestres de Cequeliños. O Concello dispón neste momento de dúas vivendas, de antigos mestres, de titularidade municipal situadas na parroquia de Cequeliños.

O Porriño distribúe 80 novos composteiros individuais

O Concello do Porriño distribuirá, próximamente, un total de oitenta composteiros individuais para vivendas unifamiliares de cara a para estender a compostaxe no municipio. Na mañá de onte, persoal do «Plan Revitaliza» da Deputación Provincial fixo unha acción informativa e de recollida de solicitudes de composteiros, a través dun stand que montou na praza Arquitecto Antonio Palacios en colaboración co Concello.

Charla sobre facturación e reclamacións de telefonía móbil na Aula CeMIT de Tomiño

A Aula CeMIT de Tomiño acolle o vindeiro luns 7 de outubro unha charla sobre a relación da cidadanía coas empresas que ofrecen os servizos de telefonía e Internet organizada en colaboración coa Escola Galega de Consumo, unha actividade que busca tanto informar sobre os principais aspectos que poden axudar a resolver problemas na factura de teléfono móbil.

Mondariz aposta pola dinamización da lectura con diversas actividades

A Biblioteca Pública Municipal «Xoán Xosé Pérez Labaca» de Mondariz acolle estas semanas varias actividades de dinamización da lectura, encadradas dentro do programa «Ler Conta Moito 2019» da Xunta de Galicia.

Tui abre o «Mes da Biblioteca» coa presentación dun libro de Óscar Pazos

Este xoves, 3 de outubro, ás 20 h na 'Sala Félix Rodríguez' da Área Panorámica terá lugar a presentación do libro «A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia» de Óscar Pazos Rodríguez. Con esta presentación ábrense as actividades de animación á lectura organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Tui

A Policía Local do Porriño captura ao presunto autor dun roubo nunha empresa

Axentes da Policía Local de O Porriño detiveron a J.F.F.R. de 30 anos de idade, pola presunta comisión dun delito contra o patrimonio, acusado de roubar nunha empresa da vila, a plena luz do día. Os feitos ocorrreron onte domingo. A Policía Local do Porriño recibiu a alerta de que un mozo rachara un cristal dunha fiestra para acceder a unha empresa ubicada no casco urbano.

Redondela vive o Día das Persoas de Idade cunha xornada interxeracional

Máis de 200 persoas, novas e maiores, participaron nunha xornada interxeracional coa que a Concellería da Terceira Idade do Concello de Redondela que xestiona a alcaldesa, Digna Rivas, quería conmemorar o Día Internacional das Persoas de Idade que se celebra hoxe, día 1 de outubro.

Salceda xa conta cun Gabinete de Atención Temperá

O Concello de Salceda botou a andar un gabinete de atención temperá para atención á poboación infantil de 0 a 6 anos co obxectivo de dar resposta canto antes ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos

II Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade Tui-Valença

O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VIII Liga Aromon Chema Sport, organizará a II Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade. Celebrarase o domingo 13 de outubro.

«Elas pintan moito» de Migallas Teatro, na Guarda

O sábado día 5 de outubro o Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolle ás 11:30 h a actividade “Elas pintan moito”, unha sesión de contos para público familiar baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron.

O Rosal promoverá unha plataforma en defensa da sanidade pública

A alcaldía do Rosal levará ao Pleno ordinario do vindeiro xoves día 3 de outubro, que se celebrará ás 20:30 h, a proposta de...

Aberto o prazo das axudas para alugamento de vivendas

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que está aberto o prazo para solicitar as Axudas ao alugamento de vivendas plan estatal 2018-2021. O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 11 outubro 2019.