Martes, 22 Xullo de 2025

Comarcas

Salceda recibe 250.000 euros para atender a 100 persoas desempregadas

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Emprego e Formación que dirixe Verónica Tourón, está a poñer en marcha un Programa Integrado de Emprego, para o cal ven de recibir unha subvención de 250.000 € A por parte da Xunta de Galicia.

Redondela desenvolverá iniciativas para a utilización da lingua galega nos cemiterios

O goberno municipal, encabezado pola alcaldesa Digna Rivas, quen tamén é concelleira de Normalización Lingüística, homenaxearon cunha placa na entrada do Cemiterio do Viso a todos e todas os que alí repousan. Digna Rivas chamaba a atención sobre o feito de que "a maioría dos habitantes do Concello falan en galego, mais só o 2% das lápidas ou placas colocadas nos cementerios están na nosa lingua".

Nigrán inicia un proxecto piloto de plantación de froitos do bosque en Chandebrito

O Concello de Nigrán, grazas a un convenio entre Deputación de Pontevedra e a Asociación Forestal Galega (ASEFOGA), promove coa Comunidade de Montes de Chandebrito a plantación dunha parcela piloto de froitos do bosque en 500 metros cadrados de superficie no coñecido como 'Chans do Castro' (moi próximo ao castro).

As Neves adquire un novo vehículo para medio ambiente

O Concello de As Neves ven de adquirir un novo furgón e remolque para completar a renovación da flota municipal de vehículos. O novo vehículo, unha furgoneta destinada ao transporte das brigadas que traballan na xestión de medio ambiente, foi comprado grazas a unha subvención de compensación ambiental que cubriu o cen por cen do seu custo.

«Unha mirada de antaño» de Ruth Matilda Anderson, no mercado de Tomiño

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada de Luis Martín Blanco (director de zona de Abanca), e Paloma Vela (coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación) inaugurou a exposición 'Unha mirada de antaño' da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson.

A Xunta colaborará en varios proxectos de interese para Arbo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza en Santiago de Compostela co alcalde de Arbo, Horacio Gil, na que a titular de Infraestruturas trasladoulle ao rexedor local o compromiso da Xunta para incrementar a seguridade viaria na travesía de Cequeliños.

Tui inicia estuda a situación e usos do Mercado Municipal

O Concello de Tui vai realizar un Diagnóstico da Situación e Usos do Mercado Municipal co obxectivo de que no futuro a Praza de Abastos tudense poida ser recoñecida como mercado excelente. Este estudo, que será elaborado por unha empresa de consultoría especializada, determinará cales son as actuacións necesarias para lograr a finalidade perseguida.

O CDL de Ponteareas acolle, en novembro, sete novas accións do programa «Smartpeme»

A Deputación de Pontevedra programou para este mes de novembro sete novas accións formativas do programa 'Smartpeme' en Ponteareas. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.

O Porriño concede ao Pontellas unha achega extraordinaria para afrontar a eliminatoria da Copa

David Alonso, concelleiro de Deportes informou hoxe de que o goberno municipal porriñés acordou outorgar unha achega extraordinaria de 4.000 € ao C.D. Pontellas....

Rivas insiste en que o convenio para o PXOM “deberá axustarse ao indicado polos servizos técnicos e económicos do Concello”

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, vén de desmentir que o Concello de Redondela néguese a asinar coa Xunta de Galicia o convenio de financiamento para o PXOM e denuncia a pretensión da Xunta "de impoñer ao Concello de Redondela a sinatura dun convenio que, segundo os servizos técnicos e económicos municipais, non se axusta ao contrato adxudicado polo Concello á empresa redactora do documento".

O Goberno de Ponteareas critica o “atraso” no pintado da Avenida Castelao

O concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Roberto Mera,e a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, criticaron o atraso no pintado da Avenida de Castelao por parte da Xunta de Galicia. O edil sinalou que esta situación está creando “serios problemas para a seguridade viaria, especialmente para os peóns, pola falta de pintado dos pasos de peóns, pero tamén para os vehículos en zonas de intersección e de refuxios para realizar xiros”.

Olga Alonso pon o foco de atención da campaña en Barreras e Vulcano

A totalidade da candidatura do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado mantivo nesta pasada semana encontro coa veciñanza de Redondela, celebrada no Centro Cultural de Vilar. Un acto no que participaron Olga Alonso, Guillermo Meijón, Ángeles Marra, Jorge María e Olga Rodríguez, números 1 ao 5 na lista á Cámara Baixa, e Marica Adrio e Daniel Chenlo, candidatos ao Senado.