12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaOlga Alonso pon o foco de atención da campaña en Barreras e...

    Olga Alonso pon o foco de atención da campaña en Barreras e Vulcano

    Nun acto celebrado na parroquia redondelá de vilar, a candidata socialista ao Congreso asegurou que na campaña electoral non se fala dos dous estaleiros "porque ao PP non lle convén"

    A totalidade da candidatura do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado mantivo nesta pasada semana encontro coa veciñanza de Redondela, celebrada no Centro Cultural de Vilar. Un acto no que participaron Olga Alonso, Guillermo Meijón, Ángeles Marra, Jorge María e Olga Rodríguez, números 1 ao 5 na lista á Cámara Baixa, e Marica Adrio e Daniel Chenlo, candidatos ao Senado.

    Entre o público, que superaba o centenar de persoas, estivo a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e mesmo varios suplentes da candidatura socialista para este próximo 10 de novembro. Tan só faltou á cita o candidato á Cámara Alta Modesto Pose por enfermidade.

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asistiu ao acto celebrado no Centro Cultural de Vilar

    Olga Alonso denunciou que nesta campaña electoral “ao PP non lle convén falar de Barreras e Vulcano” e lembrou que é un asunto que afecta a centos de postos de traballo directos e milleiros indirectos. “A política industrial correspóndelle á Xunta”, lembrou antes de destacar que Feijoo só pode presumir de facerse fotos con exdirectivos da petroleira pública mexicana Pemex no ano 2012, “fotos con xente que hoxe está fugada da xustiza”. “Dos compromisos alcanzados para construír buques e xerar postos de traballo, anunciados a bombo e platillo nunha campaña das Eleccións Autonómicas, nada de nada e o estaleiro en concurso de acreedores”.

    Guillermo Meijón definiu ao presidente da Xunta como un “espectador diante do naufraxio da industria galega” e preguntouse se durante os 7 anos de Goberno de Mariano Rajoy á fronte do Goberno chamou algunha vez ao ministro de Industria “para que viñera por Galicia a ver que estaba ocorrendo”. O cambio de actitude no presidente galego, que agora culpa da situación ao Goberno central, cando as competencias de Industria están transferidas dende hai anos, encaixa, ao seu xuízo, na “política de fogos de lucería e de grandes titulares” que practica Feijoo. Por elo, en lugar de buscar culpables externos, animouno a explicar as fotos de Pemex “e os apretóns de mans con tipos que agora están en busca e captura”.

    O candidato ao Congreso foi tamén moi crítico coa ex-ministra de Fomento, Ana Pastor, a quen cualificou como unha mestra para maquillar as contas do AVE nos orzamentos do ADIF. “Pastor fixo sempre o mesmo truco: metía grandes partidas arrastradas dun ano a outro e logo non executaba nin o 40% ou, no caso doutras infraestruturas cruciais para esta provincia, deixaba caducar as tramitacións de impacto ambiental”.

    Ángeles Marra lembrou que o Goberno socialista en funcións foi quen de aprobar en menos de ano e medio unha suba das pensións co IPC, incrementou o salario mínimo e o permiso de paternidade, desbloqueou o superávit orzamentario dos municipios e acometeu grandes logros sociais.

    Jorge María aludiu á aposta polo Ensino público e de calidade, que supón a mellor medida para a igualdade social. Marica Adrio criticou a deriva dos independentistas cataláns, pero tamén das forzas da dereita acusando a uns e outros de non respectar a lei. Así, subliñou que cando se di que os políticos presos non deberían poder gozar de beneficios penitenciarios “algúns pretenden cargarse a Lei Xeral Penitenciaria e o Regulamento Penitenciario”. “Todos somos iguais, dende Urdangarín ao último delincuente”, destacou.

    Daniel Chenlo amosou o seu desacordo cos que din que xa están cansos de votar e lembrou que foi unha sentencia xudicial por corrupción o que motivou a moción de censura que descabalgou ao PP do poder. “Os socialistas, e tamén os socialistas galegos, estamos aquí para cambiar as cousas e o que máis importa agora é garantir un goberno de progreso para os próximos catro anos”.

    Olga Rodríguez insistiu nesta idea recalcando que non se pode consentir que goberne a ultradereita porque iso levaría aparellado un inmediato retroceso en dereitos que hoxe ningún demócrata discute. Puxo en valor os resultados en Redondela nas últimas Eleccións e destacou a fortaleza do partido nesta localidade, unha fortaleza que debe volver manifestarse nas urnas o próximo 10 de novembro.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS