9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiño«Unha mirada de antaño» de Ruth Matilda Anderson, no mercado de Tomiño

    «Unha mirada de antaño» de Ruth Matilda Anderson, no mercado de Tomiño

    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, inaugurou a mostra –que poderá visitarse no Mercado de Tomiño ata o 24 de novembro– con responsables de Afundación e Abanca

    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada de Luis Martín Blanco (director de zona de Abanca), e Paloma Vela (coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación) inaugurou a exposición ‘Unha mirada de antaño’ da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson.

    Tras a sinatura do correspondente convenio de colaboración no Concello, trasladáronse ao Mercado Municipal de Tomiño onde participaron nunha visita guiada pola colección de instantáneas realizadas Ruth Matilda Anderson, a principios do século pasado (1924-1926), durante unha expedición financiada pola Hispanic Society of America, institución educativa dedicada á arte e á cultura do mundo hispano.

    A mostra, que permanecerá aberta até o 24 de novembro, reúne unha colección de fotografías que buscaban documentar a vida da xente, especialmente en aqueles lugares rurais de difícil acceso. Ata entón, as actividades da poboación traballando no campo e no mar, nin a cultura de Galicia, foran obxecto de atracción para a fotografía.

    A actividade, enmarcada dentro do proxecto Corrente Cultural e supón unha aposta por espallar a cultura galega e construír unha rede de coñecemento que transcenda o material.

    A exposición pode visitarse todos os días (agás os luns), no primeiro andar do mercado,  de 09 h a 22 horas.

    Ruth Mathilda Anderson (Cottonwood State Farm, Nebraska, 1893-Nova Iorque, 1983) 

    Ruth Matilda Anderson foi una fotógrafa que se iniciou no mundo da fotografía da man do seu pai. En 1921 cando traballaba como decoradora de interiores, foi contratada pola Hispanic Society of America e fixo cinco viaxes a España, centrando a súa carreira no estudo dos traxes típicos españois, publicando varios libros e artigos sobre o tema.

    Na súa primeira viaxe por Galicia tomou unhas 5.000 fotografías, moitas das cales aínda permanecen sen positivar, e comprou outras 2.800 a fotógrafos locais. Na segunda viaxe tomou unhas 2.800 fotografías. As imaxes polo xeral, cobren a contorna rural e artesanías tradicionais. Estivo acompañada polo seu pai que escribiu un diario. Viaxaron cun Ford de aluguer e un chofer francés.

    Nas fondas onde se hospedaban improvisaban un cuarto escuro para ir revelando algunhas fotos. Na súa estancia na Coruña tomou leccións de lingua castelá e interesouse pola historia de Galicia, lendo a Manuel Murguía, e pola literatura galega, lendo a Rosalía de Castro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.